Jens Larsen é guitarrista de jazz, compositor e arreglista nos grupos Træben, Yvonne Smeets Group, Jazz4kids e Wijnen, Winter & Larsen.
Ademais de actuar, ensina guitarra no Conservatorio Real da Haia. Tamén produce leccións de guitarra de jazz en Youtube e escribe artigos para diversas publicacións de jazz.

Nacidos en 1999, motivo que dá nome ao grupo, e sendo amigos desde o instituto, Óscar, Unai, Álvaro, Pedro e Carlos, trasladan e contaxian a súa amizade e bo ambiente a todas as esferas relativas a Naitinain, desde os directos ata as redes.
Que é Naitinain?
Naitinain é un proxecto musical fincado en Galicia, que mestura pop e rock con sons experimentais provenientes da música tradicional galega, incorporando elementos como a gaita e a frauta. Ademais, o grupo expresa a través das […]
Leo Middea é un dos artistas máis recoñecidos da nova xeración MPB, cunha carreira en Brasil e Europa e cinco discos editados con importantes críticas e máis de 164.000 oíntes mensuais en Spotify.
Leo, aos seus 28 anos, percorreu o mundo coa súa guitarra e actualmente vive entre Lisboa e Barcelona.
Oracle Sisters son dous amigos de toda a vida, Lewis Lazar e Christopher Willatt, que se coñeceron en Bruxelas cando tiñan 5 anos. A vida separoulles e Lewis viviu como poeta e pintor en Nova York e, Christopher é licenciado en matemáticas e dirixía música en cabarets en Edimburgo. No ano 2017 reencontráronse e fundaron Oracle Sisters. Uníronse á batería finlandesa Julia Johansen. E o resto é historia. Paris I (2020) é a súa primeira produción. Paris II (2021) e Hydranism (2023) son os seus s[…]
Non todas as penas poden afogarse nun vaso de whisky. Algunhas se arrastran eternamente como un peso morto que dificulta o camiñar ou se gardan no máis profundo dun caixón que se abre de cando en vez; outras se expoñen para sandar ou transformar a ferida en algo belo. Dylan LeBlanc (Louisiana, 1990) tomou ese carreiro. O músico norteamericano -cualificado como “o novo Neil Young” e comparado con Townes Van Zant ou Ryan Adams– transformou o seu turbulento pasado en cancións folk onde beleza e […]
Tras anos converténdose nun secreto a voces en Santiago subindo cancións de corte doméstico, mariagrep decidiu ser a raíña dun urban melódico tan conectado co bedroom pop como coa vaporwave. Ofreceu decenas de directos nalgúns dos festivais máis importantes do país, e na súa música habita unha sensación de estar a dar a volta ao pop electrónica, cunha actitude tan preto da música industrial como dos medios tempos de estética noventera ou mesmo o punk-pop. Ademais, mariagrep é unha das tres pa[…]
Helena Egea debutou no Festival da Luz de 2023 co seu proxecto musical Flares of Life, caracterizado pola forza e paixón da súa voz. Cun repertorio en inglés e galego inspirado en xéneros como jazz, soul, blues, pop e rock, a violinista e cantante emprega as súas composicións como medio de expresión e autodescubrimento, evocando a potencia de icónicas artistas como Aretha Franklin, Nina Simone e Janis Joplin.
Pola súa parte, Cora Velasco e Carlos Gil coñecéronse en 2018 durante a grav[…]