#17
Micah P. Hinson
martes 27/12/2016 22:00
SOLD OUT

Escribíronse del grandes louvanzas e foi ascendendo do estatus de descoñecido absoluto ó de figura emerxente de moda co seu primeiro disco, de aí á icona de culto co segundo, despois de artista consilidado co terceiro, en 2008, e finalmente ó de referente xeracional para unha amplia minoría. Trascendeu os límites da escena alternativa, sen perder a súa aura emblemática nese mundo, para calar sen problemas no mainstream receptivo coas anomalías. Oriundo de Memphis pero residente en Abilene, Texas, dende moi novo móvese pola herdanza do folk-rock clásico tamizada co seu xeito de entender a anguria e a calma da súa xeración. A súa biografía goza de episodios intransferibles e foi escrita dende o lado salvaxe da adolescencia estadounidense, salpicada de estancias en prisión e relacións dificis cos estupefacientes, o amor e a saúde. De aí emana o carácter catártico das súas composicións, que absorberon a dor que soportou para rehabilitarse e deixar iso atrás e, a partir de 2008, a tranquilidade de quen superou o trance. De aí tamén procede a compoñente redentora dos seus directos. Na primavera de 2014 publicou o seu séptimo LP "Micha P. Hinson & The Nothing", un disco no que tras a recopilación de rarezas "Micah P. Hinson And The Junior Arts Collective" de 20102, distribuida coa revista Rockdelux, o de Memphis xira cara sonoridades propias do porche dianteiro dunha granza pouco transitada, con ambientacións adaptadas a unha hipotética segunda parte de "O Brother". En 2015 realizou a xira décimo aniversario do seu álbum de debut "Micah P. Hinson And The Gospel Of Progress", unha obra que deslumbrou no seu díae que mantén toda a súa vixencia. Tamén o ano pasado, no mes de maio publicou o disco "Broken Arrows", casi por enteiro instrumental, entre a psicodelia e o son western, que firmou conxuntamente co seu amigo e colaborador T. Nicholas Phelps. Nos próximos meses ten previsto publicar un novo álbum.

http://www.micahphinson.com/
#17 Micah P. Hinson martes 27/12/2016 22:00
SOLD OUT
18€/15€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! Presentación do disco "Broken Arrows". Apertura portas 21.30h Logos
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
#376
domingo 1/11/2026 19:00
Concerto

Amparo Sánchez (Alcalá la Real, Jaén, 24 de septiembre de 1969) es una cantante, compositora, música, escritora y productora española, reconocida internacionalmente como una de las pioneras y referentes del mestizaje musical y la fusión de estilos (como el reggae, el rock, el ska y la música latina)

#376 Amparo Sánchez domingo 1/11/2026 19:00
Concerto
15€ Entradas
Anterior Siguiente