Chega o volume nº3 dos TREMENDOS JULAIS! O máis especial dos especiais, o especial do espacio! Se este xa era un espectáculo ben marciano, nesta edición os Tremendos Julais esméranse por superarse estratosfericamente. Considerado xa por moitos coma o mellor espectáculo da galaxia, e por outros como a hora e media peor perdida das súas vidas, nesta nova cita os Julais ameazan con superar as espectativas de ambos bandos.
TREMENDOS JULAIS é un programa de humor en directo que reúne a tres vellas promesas da comedia sen moito que facer e nada que perder. Antón Coucheiro, Carlos Meixide e Sergio Zearreta xuntan por terceira vez en Riquela Club os seus enxeños nun exercicio bizarro de alta comedia chabacana.
https://www.facebook.com/Tremendos-Julais-211145242669778/
#54
TREMENDOS JULAIS
Xoves 9/3/2017 21:00
6€ (+ gastos) Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Volume 3 “ESPECIAL ESPACIO” | Apertura de portas 20.00h
6€ (+ gastos) Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Volume 3 “ESPECIAL ESPACIO” | Apertura de portas 20.00h