#39
MOJO EXPERIENCE
viernes 10/3/2017 21:00

MOJO EXPERIENCE é unha nova banda compostelana de blues e soul nada da fusión dos distintos estilos e traxectorias artísticas de seis músicos que contribúen a definir un estilo propio cheo de personalidade. O seu directo caracterízase por unha potente posta en escena, chea de enerxía, que contaxia rápidamente ao público; pero Mojo Experiente tamén achegan máxicos momentos de intimidade como só un bo conxunto de blues sabe facer. Teñen participado no festival Feito a Mán 2016 e na inauguración do Centro Xove da Almáciga (novo espazo de creación cultural da súa cidade) e son grupo residente no Embora Bar. Diego Negro (voz), Guillermo Vistoso (guitarra), Katia del Río (teclado), Alejandro Castiñeiras (baixo), Roque Mosquera (batería) e Pau Castiñeira (coros) forman Mojo Experience e recoñecen a Tina Turner, BB King, The Allman Brothers, Eric Clapton ou Ray Charles entre as súas influencias. Mojo Experience foi recentemente un dos gañadores das audiciones Outra + Outra 2016 e, como resultado deste galardón, é inminente a publicación do seu primeiro EP, gravado nos Estudos Mans de A Coruña e cuxos temas poderemos escoitar neste primeiro concerto de Mojo Experience en Riquela Club.

https://www.facebook.com/mojo.experience/ https://mojoexperience.bandcamp.com
#39 MOJO EXPERIENCE viernes 10/3/2017 21:00
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Embora Bar
Comparte! Riquela Rhythm & Blues | Apertura de portas 20.00h
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente