#86
GREEN WITH ENVY
jueves 13/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha viaxe sonora do máis placenteira, que o be-bop está moi vivo e que non é só unha peza de museo" (Enrique Farelo sobre Green With Envy. Tomajazz, febreiro 2017).

Green With Envy é o novo proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ao gran guitarrista Grant Green. Dedicado á súa memoria e siempre co blues como raíz e referencia, é capaz de captar a esencia da súa música e interpretación, pero filtrado polo seu persoal xeito de entendelas. A proposta está cargada de swing, hardbop, blues e incluso gospel, facendo un verdadeiro percorrido pola música tradicional norteamericana, sempre ao través da mirada atrevida da música improvisada. O proxecto Green With Envy non se formula como unha formación casual, senón que o trío, que completan o batería Andrés Rivas e o contrabaixista Juyma Estévez, ten decidida vocación de continuidade e de traballo na difusión da figura do guitarrista de St. Louis. Green With Envy editou recentemente o seu primeiro disco baixo o título homónimo Green With Envy (FreeCode Jazz Records, 2017) e xa foi merecedor de excelentes críticas a nivel nacional e internacional.

https://valentincaamano.bandcamp.com/album/green-with-envy
#86 GREEN WITH ENVY jueves 13/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
(+ gastos)
Puntos de venda:

Comparte! ROQUELA VERÁN | Entrada gratuita ata completar o aforo do local | Apertura de portas 21.30h
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
#358
viernes 24/4/2026 20:30
Concerto

O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.

Pablo Gómez, desde a Costa Crebada cántabra, aterra coa súa ukelele e a súa guitarra de nylon para transportarnos a praias paradisíacas que só existen na imaxinación. Ou quizá si existen. As súas.

A súa música ponche un sorriso na cara. As súas melodías arrólanche con aparente lixeireza. Pero por baixo, esa voz rachada e inconfundible escarba a alma e deixa un pouso de verdad[…]

#358 Jaguayano viernes 24/4/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente