#83
DOS BALAZOS SONARON
jueves 27/7/2017 22:30
Pases: 27/7/2017, 3/8/2017, 10/8/2017, 17/8/2017

Dos Balazos Sonaron son Sábela King e Néstor Pardo, dous artistas de forte persoalidade, contrastado talento e gran presenza escénica que se xuntan por primeira vez para achegarnos o seu xeito de entender un repertorio de xéneros populares como os boleros, os tangos, as rancheras, etc. A cita co dúo Dos Balazos Sonaron é en Riquela Club, dentro da súa programación especial de verán, a partir do 20 de xullo e durante 5 xoves consecutivos ata o 17 de agosto.

DOS BALAZOS SONARON
SÁBELA KING ukelele / voz
NÉSTOR PARDO guitarra / voz

SABELA KING comezou como vocalista no grupo compostelán The Lákazans, levando versión de clásicos do blues, country e soul ao seu terreo. Con The Lákazans da os seus primeiros pasos como compositora e letrista. Nos poucos anos que leva de traxectoria colaborou con bandas como Mad Martin Trio e chegou a ter un conxunto co prestixioso pianista de jazz Alejandro Vargas. Sabela King tamén é a impulsora do proxecto The Ukellele’s King, un pequeno instrumento e unha gran voz para abordar un repertorio que abrangue temas tradicionais mexicanos, pasando por Cuba ata cruzar o rio con temas propios con reminiscencias do blues e do soul.

Cunha dilatada experiencia en proxectos como The Loveless Cousins (banda que formou só con 19 anos) e The Allnight Workers, NÉSTOR PARDO decidíu en 2013, tras regresar á súa cidade natal, A Coruña, comezar unha carreira en solitario tocando a súa propia música; e así nace Pardo, que non tarda en publicar un primeiro disco, gravado tan só coa súa guitarra e a súa voz, que incluía unha celebrada versión do Everybody's Talking de Harry Nilson. Pasados un par de meses, chama a Miguel Martínez (contrabaixo) e a Adrián Seijas (batería) e con esta formación presenta o disco por España cunha excelente aceptación e esgotando as 700 copias sen nengún tipo de promoción nin apoio de prensa. Coa súa banda grava en directo o segundo álbum, Let it stay (New H-Records, 2015). En xaneiro de 2015 entra a formar parte do equipo de Laura Pausini no programa televisivo A Voz (Telecinco). Este ano gravou o seu terceiro disco como Pardo, cambiando o idioma dos seus proxectos á súa lingua materna e electrificando a banda: Siento no haber sido lo esperado inclúe 11 temas, todos de composición propia.

------------------

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén e o Modus Vivendi, e por un recén chegado ao barrio como é o novo Riquela Club, que en menos dun ano xa se está a converter nunha das referencias do histórico centro de Compostela, nacen os SERÁNS EN FEIXÓO. En pouco máis de tres semanas, entre o 27 de xuño e o 20 de xullo, a fermosa e escenográfica Praza de Feixóo, en cuxas proximidades ben conviven estes tres activos locais que teñen en común o seu amor pola cidade e o compromiso coa música e a cultura, servirá de escenario para nove concertos, e un mercadiño solidario a beneficio da ONG libanesa BeFriend Me. Como non podería ser doutro xeito, esta programación de Seráns en Feixóo servirá de escaparate a unha suxestiva e variada selección de bandas locais e galegas que están a traballar con moita seriedade e son reflexo do gran talento que atesouran os nosos músicos. A eles se suma o reputado cantante e guitarrista cubano Kamankola que nestas datas estará visitando Galicia. Teremos rock, blues, boleros, tangos, fusión, jazz en moi diferentes e enriquecedoras propostas, flamenco, etc.

Abre os Seráns en Feixóo KAMANKOLA cun concerto o martes 27 de xuño no que teremos a oportunidade de gozar da inspirada fusión de xéneros que explora este guitarrista e cantante cubano. O segundo concerto o protagonizan os composteláns NOE BLACK & THE BANG BAND e o seu rock & roll dos anos cincuenta (venres 30 de xuño). As seguintes citas serán co flamenco sentido e emocionante de TACÓN GITANO na compañía de luxo do guitarrista de orixe gaditano MIGUEL FLORES (martes 4 de xullo) e co divertido blues canalla dos THE FABULOUS RESACA BROTHERS (venres 7 de xullo). O luns 10 de xullo será a vez de MAD MARTIN TRIO co seu impactante xeito de facer rockabilly e rock & roll. Tres singulares, brillantes e variadas propostas en torno ao mundo do jazz chegarán coa presenza do TATO TRÍO (soul-jazz) o martes 11 de xullo, do XAN CAMPOS ESD (jazz-rock) o venres 14 de xullo e de MONKILLOS (coa premisa “de como soaría Thelonious Monk por bulerías, rumba, bolero ou guajira…” explican este trío galego o seu proxecto musical) o luns 17 de xullo. O peche destes Seráns en Feixóo o xoves 20 de xullo correrá a cargo de DOS BALAZOS SONARON, novo dúo formado Sábela King e Néstor Pardo, dous artistas de forte persoalidade, contrastado talento e gran presenza escénica que se xuntan por primeira vez para achegarnos o seu modo de ver un repertorio de xéneros populares como os boleros, os tangos, as rancheras, etc.

Calendario Seráns en Feixóo:
KAMANKOLA - martes 27 xuño
NOE BLACK & THE BANG BAND - venres 30 xuño
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES - martes 4 xullo
THE FABULOUS RESACA BROTHERS - venres 7 xullo
MAD MARTIN TRIO - luns 10 xullo
TATO TRÍO - martes 11 xullo
XAN CAMPOS ESD - venres 14 xullo
MONKILLOS - luns 17 xullo
DOS BALAZOS SONARON- xoves 20 xullo

#83 DOS BALAZOS SONARON jueves 27/7/2017 22:30
Pases: 27/7/2017, 3/8/2017, 10/8/2017, 17/8/2017
entrada gratuita
(+ gastos)
Puntos de venda:

Comparte! Entrada gratuita ata completar o aforo do local | Riquela verán | Apertura de portas 21.30h
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente