#50
Delafé
viernes 2/6/2017 21:00

La fuerza indescriptible, o título do primeiro traballo en solitario de Óscar D'Aniello (Delafé) é toda unha declaración de intencións convertida nunha mestura perfecta de luz, cor e ledicia nada contida. “Nada vale más que la vida. Luchen por la felicidad, y la felicidad es darle contenido a la vida”, un alegato vital de José Mújica co que Delafé sorpréndenos en medio da canción “Tenemos un don” e que cobra todo o seu sentido escoitando en directo a un artista renovado tras máis dunha década volcado no proxecto Delafé y Las Flores Azules.

Óscar D’Aniello pasou os últimos meses elaborando xunto ao seu aliado Dani Acedo as 11 cancións de La fuerza indescriptible; primeiro producindo e gravando con Paco Loco en El Puerto de Santa María, e logo misturando en New York con Tim Latham, gañador dun Grammy e ten traballado con artistas como, entre outros, De La Soul, Erykah Badu, D’Angelo ou Black Eyed Peas. O resultado é unha auténtica licuadora de sons que planea por diversos estilos e sempre abrazando o espírito da música negra. La fuerza indescriptible é un arsenal de canciónes rompepistas e vitalistas que consolidan unha versatilidade moi pouco común na composición musical: pop, hip-hop, soul, funk, electro e disco xunto ao inconfundible parafraseado de Óscar D’Aniello, a súa enerxía incombustible e a autoría de mensaxes bala. Para enriquecelo aínda máis, Óscar D’Aniello e Dani Acedo contaron para a grabación do disco con colaboracións salientables como a da voz de La Bien Querida en Contigo cobra sentido respirar, Carlos Cros en Diario de batalla, Priscila en Fiera, Voxelements en Hoy prenderán las brasas e, por suposto, Las Flores Azules de Helena Miquel, quen participa en Días y días e en Essaouira, a canción que pecha o disco despois dun reflexivo Minuto de silencio que nos invita a pensar, tras a intensidade e a crudeza de Fantasmas.

http://www.delafe.net/ https://www.facebook.com/delafeylasfloresazules/
#50 Delafé viernes 2/6/2017 21:00
16€/12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, Ticketea Entradas
Comparte! Apertura portas 20.00h
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente