#144
Rubio de Pruna e Keko Baldomero
miércoles 21/9/2022 22:00
HOLANOLA

Rubio de Pruna
Antonio Flores Cortés, Rubio de Pruna, naceu en Córdoba no 1983, no seo dunha familia xitana con forte tradición flamenca. Desde que era un meniño forxouse como cantaor nas mellores compañías de baile, desde Manuela Carrasco á familia Farruco. No 2012 Paco de Lucía elixiuno como o seu cantaor, que o acompañaría ata o seu final no 2014. Keko Baldomero naceu no barrio gaditano de Santa María (Cádiz) no ano de 1984. Comeza a tocar a guitarra con apenas 9 anos, consolida con só 13 anos a súa condición de guitarrista flamenco pola formación recibida dos mellores. Considerado como guitarrista fortemente influenciado por Paco de Lucía, acompañou a artistas da talla de José Mercé.
Keko Baldomero
Guitarrista paio, nado no barrio gaditano de Santa María (Cádiz) no ano 1984. Comeza a tocar a guitarra con apenas 9 anos influenciado polo seu irmán Juanma Baldomero, e por suposto polo seu barrio. Consolida con só 13 anos a súa condición de guitarrista flamenco pola formación recibida dos mellores guitarristas da zona como Óscar Lago, Andrés Martínez, Juan Antonio Gómez e Román Vicente. A arte lévaa dentro, din; e despois dun concerto de Keko Baldomero, comprendemos como un toque tan complexo parece fácil cando vén das mans deste novo guitarrista.

https://www.instagram.com/rubiodeprunaoficial/?hl=es https://www.instagram.com/keko.baldomero/?hl=es
#144 Rubio de Pruna e Keko Baldomero miércoles 21/9/2022 22:00
HOLANOLA
15€ / 12€ anticipada. Abono HOLANOLA 30€
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela
Comparte! HOLANOLA FESTIVAL. Tradicional, flamenco, New Orleans
#390
Próximamente

Este Nadal, a comida de empresa, a cea coa cuadrilla ou a xuntanza familiar pódense facer no Riquela. Preparamos dous menús para grupos pensados para compartir, con produto caseiro, bebida incluída e opción vegana en todos os pratos. E se despois da comida queredes alongar a festa, tamén podemos montala.

## Opción 1 · 35 € por persoa

**Para comezar e compartir**
Gildas variadas caseiras
Táboa de queixos curados de ovella con pesto, mojo picón, boletos e trufa negra

#390 Celebra o Nadal no Riquela Club Próximamente
Prezo por concretar
#389

Concerto

#389 Amparo Sánchez
Concerto
15€ Entradas
#388
viernes 23/10/2026 20:30
Concerto

Un disco sobre buscar un lugar propio 🎶

Portosanto presenta Ten que haber un sitio para nós, o seu novo disco, con dez cancións sobre dúas ideas: a necesidade de atopar un lugar propio e o peso da memoria. Os adiantamentos Vinte de agosto e o tema que dá título ao disco xa deixaban ver esas dúas liñas, e a canción principal fala do desconcerto de chegar á madurez sen que aparezan as certezas que se prometían.

📅 Venres 23 de outubro
🕣 21:00
🎟️ Entradas desde 13,60 €

#388 Portosanto viernes 23/10/2026 20:30
Concerto
13,60€ Entradas
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
Anterior Siguiente