Xosé A. Touriñán e David Perdomo presentan o seu novo espectáculo 'Corentena', unha proposta baseada nos míticos diálogos que ambos os humoristas mantiveron, durante o confinamento da primavera de 2020, a través das súas contas de Instagram.
Naquelas emisións, Touriñán e Perdomo improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se unían aos vídeos en directo. Agora, os cómicos dan o salto aos bares nun formato pensado para público reducido e co que ambos pretenden trasladar a frescura daquelas noites de comedia e “pasalo tan ben ou mellor que o público”.
#183Perdomo e TouriñánMartes 4/4/2023 21:00 18€ / 15€ anticipada (+ gastos) Puntos de venda: A Reixa Tenda e Riquela Club Comparte!Presentando o seu espectáculo "Corentena"
Dúas son as principais inquedanzas que animan a os músicos Pablo Castanho e Marcos Pin a formar unha orquestra de Jazz; en Compostela, no ano 2017. Ámbos concluíron os seus estudos de música no estranxeiro; Pablo en Nova York (New School) e Marcos en Holanda (Royal Conservatorium) e é aí, nas respectivas escolas, onde descobren a importancia que ten esta, a formación máis glamurosa do Jazz —a “Big Band”—, para o desenvolvemento musical dun intérprete neste estilo. Sabedores, apostan pola tran[…]
#201Castaño-Pin Jazz OrquestraDomingo 25/6/2023 13:00Entrada gratuita
Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo. A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA. Adema[…]
Akazie é o nome baixo o que a artista Acacia Ojea (Vigo, 1994) exerce como DJ e selectora de contido musical maioritariamente enfocado na escena postclub, cun gran interese nos discursos máis próximos á música deconstruida e o ruído. Despois de estudar música clásica, graduarse en Belas Artes e especializarse en cinema experimental e electroacústica, Acacia desenvolve transversalmente proxectos vinculados ás artes sonoras e á linguaxe fílmica a través dun achegamento conceptual e investiga ao[…]
Temos preparado un festival que ides flipar. O vindeiro 10 de xuño ás 12h no Riquela Club. Entrada de balde. Haberá música e teatro. Ademais o aloumnado de foto e vídeo documentarán todo. O cartaz é obra da nosa alumna de deseño @lloromicas el a profe @maruastray
Berlai é o projeto musical criado por Xiao Berlai. Um projeto baseado numha música sem complexos que bebe directamente da tradiçom galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
As letras das cancións nacem como imagens obsesivas do universo galego: onde as berzas som urbanas, ou o milho necessita cintas de baliçamento policial.
Berlai é indie rururbano, como consecuência lógica á música post-bravu, e assi se transmite nos dous discos de Berlai: Desconhecido e Cas Berlai.<[…]
- Flash day de 11:00h a 20:00h con máis de 30 tatuadores convidados. MORENO MORENO/RUSS
- Sesión vermú de 13:00h a 17:00h na Praza de Feixoo. MONOLIUOUS DOP DJ
- Concertos 21:00h: MAUSOLEO e SOMOS LA HERENCIA (Entrada 15€)
- DJs Feitizos e Amiga
Artistas flash day:
BLACK DUCK . BRUXISMO . CHAINI . CHRIS WEISHAUPT . C SILVA . DAVID DIZ . DIEGO RÚA . FUTURO FINAL . GRETA DEBELIUS . IAN RODRÍGUEZ . INSER . IVÁN M[…]