#96
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES
Mércores 2/8/2017 22:30
Pases: 12/7/2017, 19/7/2017, 26/7/2017, 2/8/2017, 9/8/2017, 16/8/2017, 23/8/2017, 30/8/2017

Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos máis activos do panorama musical galego. Os mércores deste verán 2017, a partir do 12 de xullo e ata o 30 de agosto, o flamenco será o protagonista no escenario de Riquela Club da man de Tacón Gitano e Miguel Flores.

TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
MIGUEL FLORES guitarra

Moisés Fernández debutou no flamenco con quince anos e dende daquela non parou de tocar compartindo escenario con artistas como Falete, Paquete, Marcos Teira ou Alejandro Vargas. Rubén Fernández é irmán de Moisés Fernández e ambos os dous son fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas; iniciouse no flamenco co piano, para despois namorarse da guitarra e do cante, converténdose nunha figura habitual nos escenarios flamencos de Galicia. Isaías Salazar xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende; a súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas deste arte, seguindo a escola dos Farruco.

Miguel Flores iniciouse no flamenco en Madrid, na academia Amor de Dios e no Conservatorio Casa Patas, onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco, e ademais tomou clases con Aquilino Fernández “Entri” e, máis tarde, con Óscar Herrero. Ten participado, xunto á familia Serranito, no Festival Flamenco e na Peña Flamenca de Ceuta. Dende a súa chegada a Galicia non deixou de colaborar en diferentes proxectos musicais e artísticos que o levaron a compartir escenario con artistas como Narf, Guadi Galego, Iria Peña, Monica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pérez, Carlos Freire, etc., formando parte de bandas como Miguel Flores Trío, Pesdelán, Mamá Cabra, Isaías Salazar Trío ou Kelibén.

http://www.miguelflores.es/
#96 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES Mércores 2/8/2017 22:30
Pases: 12/7/2017, 19/7/2017, 26/7/2017, 2/8/2017, 9/8/2017, 16/8/2017, 23/8/2017, 30/8/2017
6€ (+ gastos) Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela verán | Apertura de portas 21.30h
#170
Venres 10/2/2023 21:00

Tras un parón de máis de catro anos sen publicar música nova, Sinestesia volve con “Na Marxe”. O disco sairá á luz o venres 3 de febreiro baixo o selo Raso Estudio. Durante estes último meses puidemos ir escoitando parte do que nos teñen preparado. Tres adiantos que formarán parte do seu próximo LP: "Na Marxe", "Nunca máis" e o último “Imaginar”, coa colaboración da artista galega Antía Muíño. O 10 de febreiro chegan a Sala Riquela presentando a súa nova colección de cancións que, sen dúbida,[…]

#170 Sinestesia Venres 10/2/2023 21:00
10€/9€ anticipada Entradas
#169
Venres 17/2/2023 21:00

Curtido na escena nacional con The Sunday Drivers, The Blackbirds, Speaklow, The Sweet Vandals, Paxaro, Aurora and The Betrayers, Adrián Costa, Los Saxos del Averno, Gran Cañón (xunto a Carlos Tarque, Leiva, Ovidi Tormo...) e recientemente con o Combo Paradiso, Maeso, como artista en solitario publicou tres discos para Sony Music, adicando 20 anos a virar por Festivais de medio mundo.

Requirido como organista por M-Clan, Quique González, Jorge Pardo, Bob Sands Big Band e á súa vez por […]

#169 Julián Maeso & The B-Siders Venres 17/2/2023 21:00
20€/15€ anticipada
#168
Xoves 23/2/2023 21:00

Willie & Winnie abarca diversos xéneros como o jazz, o ambient, a música electrónica e o folk americano, é coñecido polas súas baladas sombrías con arranxos sofisticados. En xaneiro do 2020 lanzan "You & I". Un álbum escuro e emotivo que conquista polo seu carácter outonal recollido en ondas de sintetizador, na calidez da guitarra acústica e, sobre todo, nas voces, as auténticas protagonistas da súa proposta. Para a gravación do disco, producido e mesturado por Arturo Vaqueiro (ex Humanoid), […]

#168 Willie e Winnie Xoves 23/2/2023 21:00
5€
#167
Venres 3/2/2023 23:30

Os venres e sábados a partir das 23.30h. Entrada libre

FEBREIRO
Venres 3 - DJ FUNKMENTE , LISBOA - https://www.instagram.com/funkamente/
Venres 10 - DJ EL HOMBRE VIL, COMPOSTELA - https://www.instagram.com/elhombrevil/
Sábado 11 - DJ NANEIN , COMPOSTELA - https://www.instagram.com/nano_nanein/
Sábado 18 - DJ MAEFIELD , VILAGARCÍA - https://www.instagram.com/maefield.gal/
Venres 24 - DJ ABELISION , COMPOSTELA - https://www.instagram.com/abelvisiondj/
[…]

#167 Pinchadas e DJs Venres 3/2/2023 23:30
Entrada gratuita
#166
Martes 7/2/2023 22:00
OS MARTES

La Fábrica de Impro é o show de comedia improvisada máis incrible que viches xamais. Se non coñeces a impro debes saber que todo se realiza sobre a marcha e no mesmo momento, a partir das propostas do público que asiste ese día á función. Personaxes, situacións ou historias son inventadas sobre o escenario en directo.

Cada espectador, ao entrar na sala, recibirá unha tarxeta e escribirá nela a frase que queira. Todos os espectadores botarán as súas tarxetas a un chapeu ao pé do escenar[…]

#166 La Fábrica de Impro Martes 7/2/2023 22:00
OS MARTES
7.50€ Entradas
#165
Mércores 22/2/2023 21:00

Manu Sija é un mozo multi-instrumentista arxentino de Tucumán que combina con éxito a improvisación coas linguaxes folclóricas latinos, entregando dun xeito moi singular os arranxos orixinais das súas propias cancións, así coma versións coidadosamente reinventadas. A súa paleta colorea composicións de artistas icónicos como Violeta Parra e Atahualpa Yupanqui, con tratamentos de jazz que nunca deixan atrás a súa verdadeira interpretación folclórica da música.

Con 4 álbumes publicados e[…]

#165 Manu Sija Mércores 22/2/2023 21:00
8€
Anterior Siguiente