#77
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES
domingo 21/5/2017 20:30

Tacón Gitano é flamenco, pero non un flamenco calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano; un pobo que soubo conservar ata os nosos días un xeito de vida e unha cultura propias e un pobo que expresa como ningún os seus sentimentos feitos música. As súas penas e as súas alegrías xa son patrimonio da humanidade e inundan case calquera recuncho do planeta con beleza e arte. Galicia non podía ser menos, e ten en Tacón Gitano aos embaixadores do mellor flamenco xitano: os Fernández e os Salazar, aos que se une á guitarra, o gaditano Miguel Flores, un nome que é sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos máis activos do panorama musical galego. Dende os paus máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nunha hora de espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo; sen outro propósito que o de compartir o propio co espectador como farán neste concerto en Riquela Club o domingo 21 de maio. Unha viaxe única, un deleite para os sentidos.

TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES
ISAÍAS SALAZAR baile
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
MOISÉS FERNÁNDEZ percusión
MIGUEL FLORES guitarra

Moisés Fernández debutou no flamenco con quince anos e dende daquela non parou de tocar compartindo escenario con artistas como Falete, Paquete, Marcos Teira ou Alejandro Vargas. Rubén Fernández é irmán de Moisés Fernández e ambos os dous son fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas; iniciouse no flamenco co piano, para despois namorarse da guitarra e do cante, converténdose nunha figura habitual nos escenarios flamencos de Galicia. Isaías Salazar xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende; a súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas deste arte, seguindo a escola dos Farruco.
Miguel Flores iniciouse no flamenco en Madrid, na academia Amor de Dios e no Conservatorio Casa Patas, onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco, e ademais tomou clases con Aquilino Fernández “Entri” e, máis tarde, con Óscar Herrero. Ten participado, xunto á familia Serranito, no Festival Flamenco e na Peña Flamenca de Ceuta. Dende a súa chegada a Galicia non deixou de colaborar en diferentes proxectos musicais e artísticos que o levaron a compartir escenario con artistas como Narf, Guadi Galego, Iria Peña, Monica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pérez, Carlos Freire, etc., formando parte de bandas como Miguel Flores Trío, Pesdelán, Mamá Cabra, Isaías Salazar Trío ou Kelibén

http://www.miguelflores.es/
#77 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES domingo 21/5/2017 20:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Apertura de portas 19.30h
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
#358
viernes 24/4/2026 20:30
Concerto

O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.

Pablo Gómez, desde a Costa Crebada cántabra, aterra coa súa ukelele e a súa guitarra de nylon para transportarnos a praias paradisíacas que só existen na imaxinación. Ou quizá si existen. As súas.

A súa música ponche un sorriso na cara. As súas melodías arrólanche con aparente lixeireza. Pero por baixo, esa voz rachada e inconfundible escarba a alma e deixa un pouso de verdad[…]

#358 Jaguayano viernes 24/4/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente