#80
PAULO SILVA TRÍO
miércoles 5/7/2017 22:30

Dende a súa creación en Santiago de Compostela en 2012, Paulo Silva Trío ven desenvolvendo un activo traballo que neste 2017 concretouse discograficamente no álbum titulado Mãe (Freecode Jazz Records) que agora presentan en Riquela Club o mércores 5 de xullo. O repertorio de Paulo Silva Trío caracterízase basicamente por relecturas de clásicos do jazz norteamericano como Isfahan (Duke Ellington), Birk Works (Dizzy Gillespie) ou Body and Soul (Johnny B. Green) xunto a temas, na mesma liña, de autoria propia. Cada un dos tres compoñentes do trío posúe unha dilatada experiencia non só no jazz, senón tamén noutros estilos, o que lles proporciona unha visión musical moi ampla á que se engade unha verdadeira compenetración persoal que contribúe á creación de boas sensacións sobre o escenario que transmiten ao público.

PAULO SILVA TRÍO
PAULO SILVA batería
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra eléctrica
ALBERTE RODRÍGUEZ contrabaixo

Natural de Salvador da Bahía (Brasil), PAULO SILVA tivo a oportunidade, tanto na batería como con percusión, abarcando diferentes estilos como jazz, funk, soul, blues, reggae, hip-hop, rock, pop, bossa-nova, ritmos afro-brasileiros e world music, de actuar xunto a grandes artistas da música brasileira como Altamiro Carrilho, Cacau do Pandeiro e Ilê Ayê. Paulo Silva vive dende hai 10 anos en Galicia e imparte cursos de percusión brasileira por Galicia, nos conservatorios de Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo e Ferrol. Ten colaborado, gravado e compartido escenario con artistas da talla de Dulce Pontes, Joan Manuel Serrat, Soledad Giménez, António Zambujo, Xosé Manuel Budiño, Abe Rábade, Narf, Mercedes Peón, Odaiko Percussion Group, María Manuela, Guadi Galego, Uxía Senlle, Lara Bello, Sergio Tannus, Ugia Pedreira, Sés, Eneida Marta, Rui Veloso, Pierre Aderne, Couple Coffee, Mariana Carizo, João Afonso, Amadeu Magalhães, Fernando Silva, Juan Carlos Cambas, Alberte Rodríguez, Valentín Caamaño, Sonia Lebedinsky, Ton Risco, Os Lákazans, Bernardo Martínez, Felipe Castro, Kepa Junquera, Davide Salvado, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Antón Reixa, Jorge Pardo, Gutier Álvarez, Óscar Fernández, Daniel Casares, Mad Martin Trio, Carlos Calviño, Adrián Solla Trio, Felipe Castro Trío, Santi Cribeiro, Xabier Díaz, Leo Minax, The Cool Experience, Thais Morell, Sleeping Cat, Fred Martins, Fer Ruvel, Ramon Orencio, Marcelino Galán, Pablo Pérez, Paco Dicenta, Paco Charlín, Fran Facal, Manu Payno, Alex Salgueiro, Olivier Cano, Rafa Fernández, Najla Shami, Diana Tarin, Narci Rodríguez, Lorenzo Boo, Issac Palacín, Santi Cribeiro, Marcos Teira, Margareth Menezes, Socorro Lira , Edelmiro Fernández, Carlos Castro, Xoél López, Emilio Rúa, Bakin Blues Band, Xulián Freire, Aline Frazão, Octavio Vargas, La Otra Banda, Pablo Seoane, O Som do Galpóm, Óscar Ibanéz, Xoán Curiel, L.A.R. Legido, Xacobe Martínez Antelo, Roberto Sobrado, O Coro da Rá, Javier Constela, etc.

"Valentín Caamaño é un músico versátil, cun xeito de tocar chea de cor e swing, un músico doutra época, un Pat Martino actual que lembra a Tal Farlow nalgúns momentos" (Jazz Ese Ruido). Guitarrista, vocalista e compositor nado en Santiago de Compostela, VALENTÍN CAAMAÑO comezou a súa carreira en formacións como Clan Moriarty, Space Drapes, Southbound ou Francis Kaners. Rematou os estudos do Diploma Profesional en Jazz e Música Moderna en Escola Estudio en Compostela e participou en varias edicións do Jazz Permanente Seminario Pontevedra. Lidera varios proxectos entre os que cómpre salientar Valentín Caamaño Trio (con Alfonso Calvo no contrabaixo e LAR Legido na batería), co que gravou en 2014 The Joy, e Green With Envy, trío formado con Juyma Estévez no contrabaixo e Andrés Rivas na batería co que lanzou un álbum homónimo en 2017; ambos discos, editados por FreeCode Jazz Records están a reunir excelentes críticas.

Baixista e contrabaixista de ampla experiencia na interpretación e a docencia e con formación clásica e moderna, ALBERTE RODRÍGUEZ é capaz de sentirse cómodo nos mais variados conxuntos e formacións, dende grandes orquestras sinfónicas ata pequenos dúos de jazz. Titulado na especialidade de contrabaixo polo Conservatorio Profesional de Santiago, proseguíu os estudos clásicos no Conservatorio Superior da Coruña e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. No eido da música moderna formouse con Paco Charlin (Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra), Quique Alvarado (Escola de Música Estudio) e Tino Grandío e Chicho Magallanes (Aula Combo). A súa dilatada experiencia, tanto como baixista como contrabaixista, abrangue os máis variados estilos musicais, dende agrupacións orquestrais (Sinfonica de Melide, Orquestra de Cámara Galega, Banda Filharmónica de Galicia, Orquestra de Cámara Gallaecia), grupos de rap (Dios Ke Te Crew, Som do Galpom), de música galega (Pé de Boi, Ophiusa, Roi Xordo), de rock (Tonhito de Poi e a rasa loba, Embrace Me Ocean), disco/funk (Supersandwich), de verbena (Orquestra Terranova, Orquestra Os Modernos), combos de jazz (Valentín Caamaño Trio, PelDeNoz, Gabriel Ruffini Cuarteto), cabaré (CabRaret), infantil (Estamos no verán) e música do Brasil (Kana Kaiana), ata solistas como Narf, Leo Minax, Roi Casal, Xoán Curiel, Emilio Rúa, Sérgio Tannus, Najla Shami, Silvia Ferre, Carmen Dor, Xurxo Mares, Adán Jorge, etc. Participou na gravación de máis dunha ducia de discos e recibíu nominacións e premios como os Premios Martín Códax da Música ou os Premios Opinión.

https://paulolimadasilva.wordpress.com/ https://www.facebook.com/Paulo-Silva-463759357097421/
#80 PAULO SILVA TRÍO miércoles 5/7/2017 22:30
6€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Presentación novo disco Mãe | RIQUELA VERÁN | Apertura portas 21.30h
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
Anterior Siguiente