#209
Greg Izor, Emilio Arsuaga e Javier Turnes
sábado 19/8/2023 22:00
Blues and R&B night

Greg Izor e Emilio Arsuaga volven reunirse para facer as delicias dos afeccionados á música americana de raíz (blues, country, swamp) cun espectáculo selecto, con sabor a gumbo de Louisiana, a Texas BBQ, a cocido madrileño e a caldeirada de peixe.

Greg Izor e Emilio Arsuaga, ambos os guitarristas, cantantes e armonicistas, coñecéronse en Austin en 2010, e desde entón veñen tocando xuntos a ambos os dous lados do océanoen salas e festivais. Polo camiño conectaron musical e persoalmente con Javier Turnes, cantante e guitarrista galego, a quen convenceron de dar o salto ao novo continente. Desde entón colaboran en España e habitualmente visitan Santiago e Fisterra.

Greg Izor desenvolve o seu proxecto en USA e Europa, e ten unha frutífera carreira discográfica con máis de seis discos. Emilio Arsuaga lidera The Mad Reeds e conta con catro discos e prepara o quinto. Xuntos gravaron un disco tributo a Lazy Lester na cidade texana de Austin, cun elenco dos mellores músicos locais. Javier Turnes, cantante e guitarrista de Santiago, con dous disco ás súas costas, lideraba a Bakin Blues Band e agora traballa no seu propio proxecto, The Hake Men.

Este verán, están a xirar de novo por Galicia e presentando os seus novos traballos, baseados nun repertorio de música de raíz americana, blues e country con xenuíno sabor sureño.

https://gregizor.com/ https://www.instagram.com/emilioarsu/?hl=es
#209 Greg Izor, Emilio Arsuaga e Javier Turnes sábado 19/8/2023 22:00
Blues and R&B night
Entrada de balde
Comparte! American Roots Music Show
#368
sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo

O domingo 04 de outubro, Riquela vístese de comedia (e de sarcasmo marca Castela) coa chegada de Laura de Val e o seu novo show.

Unha hora longa onde a identidade, a ironía e as malas decisións mestúranse con chistes malos (como o que acabas de ler, probablemente) e unha promesa importante: non haberá hummus. 🧆❌

Laura escribe esta sinopse en terceira persoa... aínda que é ela mesma a que o está facendo. Porque así funciona a súa cabeza: todo soa mellor antes de dicilo. Pásache a[…]

#368 Laura de Val sábado 10/10/2026 19:00
Monólogo
18€
#367
viernes 5/6/2026 20:30
Concerto

Tras un tempo de descanso, Néboa regresan con novo disco, que verá a luz no mes de maio, e volven actuar en Santiago o próximo 5 de xuño na sala Riquela.

#367 Néboa viernes 5/6/2026 20:30
Concerto
13€ Entradas
#366
sábado 13/6/2026 20:30
Concerto

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓️ SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 R[…]

#366 Boom Boom Kid sábado 13/6/2026 20:30
Concerto
#365
jueves 25/6/2026 20:30
Concerto

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco "Díme onde estamos" debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

#365 Vera Fauna jueves 25/6/2026 20:30
Concerto
22€ Entradas
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
Anterior Siguiente