#116
Eladio y los Seres Queridos
Próximamente

En 2020 Eladio y los Sers Queridos cumpliron 15 anos de carreira deixando atrás 5 discos, xiras por todo o país en diferentes festivais e salas, manténdose sempre fieis ó seu particular estilo, que lles permitiu ser a día de hoxe, unha das bandas máis estables do panorama musica español. Cancións con melodías e estribillos de perfecta feitura e letras de Eladio Santos, que escribe actualizando con brillantez cánones clásicos dende a naturalidade e a frescura. Temas que van dende o pop máis clásico ós sons máis indies e rock.

http://www.eladioylosseresqueridos.es https://www.youtube.com/user/Eladioylosseres
#116 Eladio y los Seres Queridos Próximamente
Prezo por concretar
Comparte! Presentación do disco "Academia"
#141
Venres 2/9/2022 21:00

Baseado en Nova Orleans, A, The Silver Lining Serenaders é un grupo amante da diversión que se especializa en jazz tradicional e swing. O grupo canta harmonías e fan novos arranxos a melodías familiares e de temas menos coñecidos da primeira metade do século XX.

O grupo consiste de Scott Stobbe guitarra e voz, Ela Inglebret violin e voz e Ben Redwine clarinete.

#141 The Silver Lining Serenaders Venres 2/9/2022 21:00
12€/10€ anticipada
#140
Sábado 15/10/2022 21:00

Ward Hayden & The Outliers (antes coñecidos como Girls Guns & Glory) comezan coma unha vía de escape á música enlatada da radio actual. Hayden, formado na música country e o rock n’ roll primigenio a través das cintas de cassette da súa nai, atopou en Greg Hall (baixo), Josh Kiggans (batería) e Cody Nilsen (guitarra) os seus compañeiros perfectos de viaxe. Labrándose un nome nos honky tonks de Boston antes de saltar á estrada en USA e Europa, pronto lograron unha fiel lex[…]

#140 Ward Hayden & The Outliers Sábado 15/10/2022 21:00
12€/10€ anticipada
#139
Domingo 16/10/2022 21:00

Con 13 anos, Jesper Lindell era un tímido mozo convertido na gran promesa do fútbol da súa cidade natal, Ludvika, un pobo de clase traballadora a un par de horas ao noroeste de Estocolmo. Pero nun lance do xogo, rompeu unha perna e viuse repentinamente confinado na súa habitación e sentado nunha cadeira de rodas. O seu irmán maior Anton tratou de animarlle cunha guitarra acústica e ensinoulle un par de acordes. Cando se recuperou, decidiu deixar o fútbol pola música e formou a súa primeira[…]

#139 Jesper Lindell Domingo 16/10/2022 21:00
12€/10€ anticipada
#138
Domingo 12/6/2022 21:00

O meu nome é Ryder The Eagle. Nacín baixo o signo de Cáncer no sur de Francia e coma os planetas predixeron, adiquei o comezo da miña vida a etopar o amor verdadeiro. Dous EPs, un matrimonio e un divorcio despois, embarqueime nun "Follymoon", unha especie de lúa de mel incandescente na que a soidade atópase coa liberdade. Viaxei polos Estados Unidos no autobús Greyhound, arrastrando o meu micrófono polas beirarrúas, cruces, comedores e semáforos. Pasei dous anos en Londres traballando nas miñ[…]

#138 Ryder The Eagle Domingo 12/6/2022 21:00
5€
#137
Xoves 7/7/2022 21:00

Creador de cancións e escultor de instrumentos. Cantante de contos que viaxa internacionalmente. Estudante de bioloxía molecular. Creiado en Lubbock e Texas Hill Country, Noel McKay é un compositor/artista cuxas cancións teno levado polos Estados Unidos e arredor do mundo.
En 1993 foi descuberto pola lenda da composición Guy Clark mentres interpretaba as súas cancións en Kerrville, Texas. A titoria de Clark ten sido unha compoñente cclave do éxito de Noel, co cancións grabadas por Guy, […]

#137 Noel McKay Xoves 7/7/2022 21:00
5€
#136
Venres 20/5/2022 21:00

Co furabolos moi limpo, Néboa xa pasou a xema polas marxes que semellaban delimitar a distancia entre a indietrónica, a música tradicional galega, a poesía elíptica, o jazz de vodevil, o pop alternativo, a extimidade da canción de autor e a idea dun pop internacionalista; e con todo o po que ficou apegado ó dedo, construíron un castelo sonoro que é, ó tempo, unha pequena casiña en metade dunha aldea e un rañaceos infinito.

#136 Néboa Venres 20/5/2022 21:00
10€ Entradas
Anterior Siguiente