#52
STEFANO RONCHI & MARCOS COLL
jueves 30/3/2017 21:30

Berlín é dende hai décadas unha das ciudades europeas culturalmente máis relevantes e inquedas, cunha morea de tendencias creativas, tamén no eido do blues. Berlín foi a razón pola que Stefano Ronchi e Marcos Coll se atopan e cruzan os seus talentos que plasman no seu primeiro traballo discográfico que agora presentan por primeira vez en Galicia. Street Prechin contén dez temas (orixinais de Marcos Coll e Stefano Ronchi xunto a algunha versión retorcida de clásicos do blues) e foi gravado nos estudos Gooving Tomato de Berlín a principios de 2016.

Stefano Ronchi é unha das figuras máis relevantes da escena do blues italiano. O seu repertorio musical centrase na música folklórica negra dos anos vinte e trinta do século XX, dende o delta blues ata piedmont blues. Stefano Ronchi ven traballando e xirando por todo o mundo incansablemente compartindo escenario con bluesman contemporáneos como Lurrie Bell, James Wheeler e, nesta ocasión, acompañado polo compostelán Marcos Coll, a quen coñece en Berlín nas lendarias Monday Jelly Roll Session do mítico local White Trash.

Marcos Coll é un dos nosos embaixadores musicais polo mundo dende que deixara Galicia para comezar a súa carreira profesional coa Tonky Blues Band e xirar con Buddy Miles ou Mick Taylor; despois chegarían o seu extraordinario ascenso con Adrián Costa en Los Reyes del K.O. e as súas innumerables colaboracións para converterse nunha das máis grandes referenzas coma solista de armónica no blues europeo e imaxe promocional de Hohner, a marca de harmónicas máis importante do mundo.

En directo, Stefano Ronchi e Marcos Coll son puro sabor country blues e exploran un estilo antigo e conmovedor achegándose á mellor das tradicions do xénero misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevendose co hiphop. Marcos Coll e Stefano Ronchi presentan Street Prechin en Riquela Club nun formato reducido a dúo co que cativan o público dende o primeiro momento nun espectáculo moi intimista e no que os asistentes rematan formando parte do propio show. A cita é o xoves 30 de marzo no marco da colaboración dos ciclos Deleite ao Vivo e Riquela Rhythm & Blues.

#52 STEFANO RONCHI & MARCOS COLL jueves 30/3/2017 21:30
10€/8€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, entradasatualcance.com, Correos Entradas
Comparte! Deleite ao vivo | Riquela Rhythm & Blues | Presentación do disco "Street Prechin" | Apertura de portas 20.30h Logos
#387
sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

No duerme nadie.
Así se pecha o Festival Flamenco.

Gregorio Moya e Paco Cortés despiden os tres días cunha homenaxe a Enrique Morente, a figura que abriu o flamenco a todo o que viña de fóra sen soltar nunca a raíz.

Morente rompeu regras e hoxe ninguén o discute. Que artista actual cres que está facendo o mesmo? 👇

Non deixes a entrada para o último día.

#387 Gregorio Moya & Paco Cortés sábado 10/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#386
viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela

"Unha obra sobre o cante como resistencia máxima."
Teresa Hernández canta na Igrexa da Universidade.

A cantaora chega acompañada por Kike Terrón e El Peli para poñer a voz no centro absoluto, nun espazo que engade unha acústica e unha solemnidade difíciles de repetir.

⚠️ Importante: na apertura de portas acceden primeiro as persoas con abono do festival. Despois ábrese a entrada libre para o público xeral ata encher.

#386 Teresa Herández viernes 9/10/2026 19:30
Flamenco Riquela
Entrada libre
#385
jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela

Dúas almas, unha mesma linguaxe.
Así arranca o Festival Flamenco en Santiago.

Francisco Escudero "El Perrete" e Rubén Levaniegos abren os tres días con Binomio. Dos almas, un solo lenguaje: un espectáculo construído sobre o encontro entre o cante e o toque, e sobre o diálogo entre dous intérpretes que se entenden sen falar.

#385 Francisco Escudero: El Perrete jueves 8/10/2026 20:30
Flamenco Riquela
16,50€ Entradas
#384
domingo 15/11/2026 20:30
Concerto

Sharp Pins es el proyecto de pop lo-fi, muy sólido, del talentoso músico de Chicago Kai Slater, de Lifeguard y Dwaal Troupe.

#384 Sharp Pins domingo 15/11/2026 20:30
Concerto
19,80€  Entradas
#383
sábado 24/10/2026 20:30

#383 Lucky Dados + Mad Martin sábado 24/10/2026 20:30
10€
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
Anterior Siguiente