#32
Cooper
sábado 4/2/2017 13:00

O paso de COOPER (Alex Díez Garín) polo Atlantic Fest 2016 o pasado verán, repasando as súas 3 décadas de carreira nun concerto memorable no que soaron os grandes clásicos de Los Flechazos e da súa traxectoria en solitario como Cooper, deixou a todos con gañas de máis. Este ano, COOPER embarcarase na gravación dun novo disco e tan só ofrecerá 3 actuacións, dúas nos Atlantic Days que contan con Riquela Club entre as súas sedes. Esta sesión vermú (13.00 h.) será unha oportunidade única de ver, nun formato íntimo e acústico, a Cooper durante o 2017. Alex Díez é probablemente o persoeiro máis representativo da escena mod española. Líder de Los Flechazos durante máis dunha década e con máis de 15 anos á fronte de COOPER, o son, as cancións, a imaxe e a voz deste herdeiro directo de grandes nomes como The Kinks ou The Jam forman parte da historia do pop español por dereito propio.

Ata a súa desaparición, feita pública no festival Purple Weekend 1998, onde ofreceron o seu último concierto, Los Flechazos enarboraron dende finais dos anos oitenta a bandeira do pop adolescente, as melodías atemporais, a elegancia e o bo facer. Los Flechazos evocaban o son e a estética da década dourada do pop achegando unha sensibilidade actual e renovada e foron os principais representantes do estilo mod-beat en España. Pouco tempo despois da disolución do mítico grupo leonés, Alex Díez volveu con ilusións renovadas e brillantes novas cancións: a súa nova formación COOPER non pretendía ser unha continuación de Los Flechazos, nin siquera un grupo ao uso, pero calquera fan de Los Flechazos pode recoñecer inmediatamente quen se agocha detrás de Cooper, xa que o estilo na composición e a voz de Alex Díez son completamente inconfundibles. Alex Cooper é unha figura imprescindible para entender a historia do pop en España.

http://elefant.com/grupos/cooper https://www.facebook.com/pg/cooper.mi.universo
#32 Cooper sábado 4/2/2017 13:00
15€/12€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
: Riquela, A Reixa Tenda, atlanticfest.com Entradas
Comparte! Atlantic Days / Atlantic Fest 2017 | Sesión Vermú | Apertura portas 12.00h
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente