#15
Folksong Prison Blues | SABELA KING, MAD MARTIN...
domingo 18/12/2016 20:30

“Estás cantando esta canción dende tus entrañas, queres que o público tamén a sinta nas súas entrañas e tes que facer que crean que tamén estás sentado entre eles, teñen que ser capaces de conectar co que fas” (Johnny Cash)

“Johnny Cash é un deses grandes compositores cos que te das conta de que con moi pouco se pode facer moito” (Benjamín Vázquez)

SABELA KING voz
MARTÍN ESTURAO voz e guitarra
RAFA CAMPOY guitarra
RAMÓN FIGUEIRAS harmónica
BENJAMÍN VÁZQUEZ guitarra
PAULO DA SILVA percusión

Sabela King & The Heartbreakers é un trío formado por Sabela King á voz, ukelele e percusión, Benjamín Vázquez á guitarra e Ramón Figueira á harmónica. Con tan só dous anos de vida, realizaron xa numerosos concertos entre os que destaca a súa participación no prestixioso Outono Códax Festival, así como varias presentacións no Feito a Man, cita imprescindible dos amantes dos concertos polas rúas de Compostela. A súa música, lonxe de encasillarse nun estilo definido, combina retrincos de blues, soul, country, reggae ou, mesmo, dance. O repertorio de Sabela King & The Heartbreakers, formado tanto por temas propios como por versións de clásicos, ofrece un novo punto de vista musical con matices que prometen sorprender. Influenciados por artistas como Amy Winehouse, Moloko, Emily Loizeau ou J. B. Lenoir, os seus directos auguran un clima íntimo e intenso.

Martín Esturao (Mad Martin), nado e criado en Londres de familia compostelá emigrada, se muda a España e comeza a súa aventura musical a mediados dos 80. Forma a súa primeira banda Los Pharaones, formada por amigos do instituto, máis tarde únese a El Pedramol (psychobilly-punk) e en 1990 funda Clan Moriarty, banda de rock&roll clásico coa que grava os seus primeiras demos e que ten certa repercusión sendo citados por Ruta 66 entre outras publicacións. Coíncide cronoloxicamente con The Tombstones, banda de culto e alternativa compostelá. A mediados dos 90 entra a formar parte de Jacob's Name e en 1998 únese a Los Feliz, banda liderada por Miguel Costas tras abandonar Siniestro Total coa que terá oportunidade de compartir cartel con grupos nacionais e internacionais como ZZ Top, Neil Young, Jethro Tull, etc. En 2008 regresa ao rock&roll clásico e funda Doutor Gringo e tras a disolución do grupo forma Mad Martin Trío, banda que lidera na actualidade coa que, despois de gañar concursos nacionais como o prestixioso Azkena Rock, e tras case 3 anos virando sen descanso, preparan o que será o seu segundo longo para a discográfica sueca Vintjärn Records. Alterna a súa actividade como músico coa súa carreira como produtor discográfico e técnico de son nos estudos de gravación Bungalow de Santiago de Compostela.

MEMORIA DE JOHNNY CASH

Froito da colaboración con Licor 43 e baixo o nome GINGER 43 LIVE, un dos fíos conductores da primeira programación de Nadal do novo Riquela Club é unha homenaxe a un dos músicos máis influíntes do século XX, o gran Johnny Cash, ao que dedicaremos tres sesións que protagonizarán músicos galegos de variados estilos e contrastada calidade como Martín Esturao (Mad Martin), Sabela King, Nestor Pardo, Antonio López, Óscar Avendaño…, artistas que sen dúbida proporcionarán unha enriquecedora achega para redescubrir a este mítico e xenial artista de intensa personalidade ao que resulta difícil poñer unha etiqueta e que é considerado un dos máximos expoñentes da música country. Toño López (vocalista de The Soul Jacket) e Oscar Avendaño (Los Profesionales, Siniestro Total) unirán as súas forzas no primeiro dos concertos deste ciclo “Memoria de Johnny Cash”, mentres que o coruñés Pardo será o protagonista do segundo e, no terceiro, contamos cunha especial colaboración para a ocasión, a de Sabela King y Mad Martin. É a primeira vez que se celebran todos estes conciertos, trátase dunhas propostas cuxo estrea absoluta terá lugar no Riquela Club durante estas dúas semanas previas ao Nadal 2016. A entrada para os tres concertos é gratuíta ata completar o aforo do local.

http://www.johnnycash.com
#15 Folksong Prison Blues | SABELA KING, MAD MARTIN... domingo 18/12/2016 20:30
Entrada de balde
Comparte! Ginger 43 live! Riquela Nadal'16. Memoria de Johnny Cash III. SABELA KING, MAD MARTIN & THE HEARTBREAKERS. Apertura portas 19.30h Logos
#382
jueves 22/10/2026 20:30
Concerto

#382 corto.alto jueves 22/10/2026 20:30
Concerto
21,63€ Entradas
#381
miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto

#381 Sara Hebe miércoles 11/11/2026 20:30
Concerto
18,44€ Entradas
#380
miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data

Barrence Whitfield é un artista salvaxe e potente que leva máis de 40 anos ofrecendo interpretacións vocais explosivas, sendo un dos últimos shouters que quedan en activo e en plena forma. Tanto con The Savages como en solitario, Barrence sempre o dá todo, e agora conta co apoio da magnífica banda de frat rock and roll MFC Chicken (inesquecible o seu concerto no Outono Códax 2022) para varios concertos especiais nos que repasarán o repertorio dos primeiros tempos de Barrence, cando empezou a […]

#380 Barrence Whitfield & MFC Chicken miércoles 18/11/2026 20:00
Doble data
18€ Entradas
#379
miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto

rancés de nacemento, texano por adopción musical e cantante de soul con alma de bluesman, Tiwayo é un espírito libre que ten tocado na rúa e viaxado por todo o mundo, absorbendo as raíces do blues, o soul e o góspel seguen dando forma á súa música. Foi precisamente nunha viaxe a Memphis onde un veterano músico cajún de blues quedou fascinado polo contraste entre o aspecto xuvenil deste músico e a profundidade áspera e da súa voz. E foi el quen o bautizou como «The Young Old» («o mozo vello»[…]

#379 Tiwayo miércoles 11/11/2026 0:20
Concerto
18€ Entradas
#378
domingo 25/10/2026 20:30
Concerto

#378 Julia Perminova Trío domingo 25/10/2026 20:30
Concerto
TBC
#377
domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo

Tabú es un espectáculo de stand-up comedy en el que Dani Alés explora, con inteligencia y una escritura extraordinariamente cuidada, las contradicciones de nuestro tiempo.

Sin recurrir a la provocación fácil ni al humor ofensivo, el espectáculo se adentra en esos asuntos que parecen intocables para demostrar que el verdadero límite del humor no está en los temas, sino en la falta de talento.

Con un ritmo constante, una mirada afilada y un inusual equilibrio entre reflexión y car[…]

#377 Dani Aléx presenta: Tabú domingo 21/2/2027 18:30
Monólogo
17,80€ Entradas
Anterior Siguiente