#19
XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO
miércoles 9/11/2016 21:30

O songbook persoal de Xacobe Martínez Antelo achégase xa ao medio cento de composicións, e todo este material está publicado nas distintas entregas que o contrabaixista compostelán foi deixndo polo camiño, con máis de dez discos publicados con Sumrrá e outras agrupacións entre 2001 e 2015. E é para revisitar este rico mundo compositivo dunha xeito extenso e intenso que creou o proxecto Xacobe Martínez Antelo Trío, agrupación de renovada formación a trío integrada por saxo tenor, contrabaixo e batería co que continúa na senda da tradición xenuina do jazz. Jazz galego de primeira liña, en liberdade, sen complexos… “Xacobe Martínez Antelo é un excelente contrabaixista e inquedo músico que con esta formación a trío toca bebop, hardbop ou funk cunha solvencia envexable”, (Íñigo Órtega, DistritoJazz). “O contrabaixo musculoso de Xacobe Martínez Antelo ilumina cada recuncho da gravación”, (Ricardo Arribas e Sergio Zeni, Cuadernos de Jazz).

XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO
MAX GÓMEZ batería
XACOBE MARTÍNEZ ANTELO contrabaixo
XOSÉ MIGUÉLEZ saxo tenor

RIQUELA, recentemente inaugurado (9 de setembro de 2016), está situado no casco vello de Santiago de Compostela, en concreto nonúmero 35 da rúa do Preguntoiro, un espazo que se abre á céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo e que esa dividido en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: Riquela Bar e Riquela Club. RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico aberto dende as 11.30 da mañá ata a 1.00 da madrugada cunha suxerente oferta de carta de comidas e bebidas. RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar da música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. A vocación de RIQUELA CLUB de converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos, xa dou os seus primeiros exitosos pasos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o Riquela Club como espazo colaborador para as súas programacións.

Xa nas primeiras semanas de actividade, con dous concertos do compostelán Valentín Caamaño Trío, RIQUELA CLUB amosou o seu interese polo jazz como unha das liñas de programación que haberían de definir a súa oferta cultural. Esta intención se materializa agora neste ciclo RIQUELA 3&3 JAZZ, un certame que xurde froito da colaboración dunha destilería tamén santiaguesa, LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, e que nace vinculado en concreto á súa marca 3&3 PREMIUM GIN.

RIQUELA 3&3 JAZZ supón toda unha declaración de intencións de dúas iniciativas compostelás, do novo RIQUELA CLUB e de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, na que é unha firme aposta polo jazz feito en Galicia. RIQUELA 3&3 JAZZ nace en forma dun ciclo de catro concertos que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, unha primeira entrega que nace con vontade de converterse nun ciclo estable durante o próximo 2017 co respaldo dunha marca galega de calidade como a 3&3 PREMIUM GIN. Os protagonistas destes primeiros catro concertos, que se celebrarán 2 mércores e 2 domingos son Xacobe Martínez Antelo Trío (mércores 9 novembro), Andrés Rivas Jazz Trío (domingo 20 novembro), Felipe Villar Organ Trío (domingo 4 decembro) e, para rematar, o sexteto FUZZ que lidera o guitarrista Virxilio da Silva (mércores 14 decembro).

As localidades para estes concertos están á venda no RIQUELA a o ecónomico prezo de 6 euros (abono para os 4 concertos de 18 euros), e inclúen unha degustación de 3&3 PREMIUM GIN ou doutro producto de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS.

http://www.xacobemartinezantelo.com/xma/benvidx/benvidx.html
#19 XACOBE MARTÍNEZ ANTELO TRÍO miércoles 9/11/2016 21:30
6€/18€ (abono)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Entrada concerto: 6€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída) abono 4 concertos: 18€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída por concerto). Apertura portas 20.30h Logos
#364
jueves 28/5/2026 20:30
Concerto

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de "De Púrpura e Melancolía", o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela […]

#364 Emiia y Pablo jueves 28/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#363
domingo 12/4/2026 13:00
Concerto

Ukestra do medio apresenta ‘De Aqui e de Acolá’, o seu terceiro disco grande, um trabalho que inclui 10 temas e que se abre a inspiraçons nom exploradas anteriormente. Assi, a cúmbia, a bossa nova ou a música de ar tradicional convivem com ritmos mais habituais nos trabalhos da Ukestra como som o pop, o swing, o folk ou a música country. Umha mestura intencionalmente eclética e heterodoxa.

‘De Aquí e de Acolá’ apresenta-se como o disco mais alegre da Ukestra do Medio, no que predominam[…]

#363 Ukestra do Medio domingo 12/4/2026 13:00
Concerto
5€ Entradas
#362
viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke

KARAOKE CON ESTEBAN volve a Riquela para que saques ao artista que levas dentro. Entrada libre, micrófono aberto e ganas de cantar ata que se seque o viño.

Ven cos teus amigos, elixe o teu temazo e prepárate para unha noite desas que terminan coas gargantas rotas e a memoria chea de bos momentos.

📅 VENRES 3 DE ABRIL (Venres Santo)
⏰ A partir das 22:00h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE

Confesión? Esta noite non rezo, canto. 🙌🎶

#RiquelaClub #KaraokeCo[…]

#362 Karaoke con Esteban viernes 3/4/2026 22:00
Karaoke
Entrada libre
#361
domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena

Patricia Espello, natural, espontánea e moi divertida.
Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez te mergulla no esencial dela, o teu riso será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora. Case unha hora e media de risos.
No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

#361 Patricia Espejo domingo 19/4/2026 19:00
Comedia de la buena
19,80€ Entradas
#360
sábado 28/3/2026 20:00
Concerto

Este sábado 28 de marzo, a noite ponse salvaxe. The Botillos e Zalomon Grass sóbense ao mesmo escenario para regalarnos un conciertazo dos que se lembran.

Dúas bandas, dous estilos, unha mesma enerxía. Rock, groove, actitude e moito directo. Se buscas plan para este sábado, xa o atopaches.

🗓 SÁBADO 28 DE MARZO
⏰ Puertas 20:00h | Concerto 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€

Onde conseguir as túas?
🎫 Lucille
🎫 Rock Café
🎫 A Culpable

#360 Zalomon Grass & The Botillos sábado 28/3/2026 20:00
Concerto
12€
#359
jueves 12/3/2026 20:30
Concerto

O xoves 12 de marzo, a cantautora presenta "Cada vez que che vexo enténdoo", o seu novo disco. Un traballo íntimo e experimental nacido desde a curiosidade, o xogo e o amor en todas as súas formas.

Acompañada por Nacho Mur no directo, a súa música converte o espazo nun instrumento vivo. Unha noite para emocionarse e deixarse levar por unha das voces máis delicadas e profundas da escena.

🗓 XOVES 12 MARZO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas: 12€ en Entradium (link[…]

#359 Amaia Miranda jueves 12/3/2026 20:30
Concerto
12€ Entradas
Anterior Siguiente