#31
WÖYZA
viernes 3/3/2017 21:00

“WÖYZA volveu pelexando, con esa seguridade das cantantes que saben que teñen algo diferente. Na miña opinión ningunha outra voz neste país transpórtanos á esencia do hiphop soul americano con tanta autenticidade”, así fala o coñecido rapeiro/MC, poeta, escritor e actor Nach desta cantante galega, nada en Moaña hai 32 anos e criada en Vigo, con oportunidade da publicación do seu novo disco, Pelea, cuxa presentación en Santiago de Compostela acolle Riquela Club o venres 3 de marzo.
WÖYZA deixanos a pegada da súa voz, auténtica e desgarradora, en cada un dos temas que conforman o seu primeiro disco de longa duración composto por 11 cortes fabricados dende a alma e directos ao estudo de gravación. Comeza de xeito contundente, a súa faciana máis guerreira en Pelea. Pasa por rexistros e cancións que denotan a evolución artística e persoal da autora, onde teñen cabida a temática social, a autosuperación, a independencia ou a sensualidad. O álbum remata cun poema que adquire forma de canción, Ahora, onde nos amosa o seu lado máis tenro e delicado en torno ao amor. WÖYZA contou en Pelea, gravado a cabalo entre Portugal e Galicia, con outros grandes do panorama nacional e internacional, salientando o produtor canadiense afincado en Brooklyn Marco Polo, o madrileño Lex Nevl, o artista vigués Mweslee (destacado membro de Arkestra), o guitarrista Antonio Casado, o cantante portugués Macaia e as cordas de El Hombre Viento. Un álbum feito con moito agarimo, dedicación, constancia e sacrificio.

http://woyza.com https://www.facebook.com/WoyzaOficial
#31 WÖYZA viernes 3/3/2017 21:00
10€/8€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela, A Reixa Tenda, codetickets.com Entradas
Comparte! Presentación do disco "Pelea" | Apertura portas 20.00h
#353
viernes 13/3/2026 20:30
Presentación Grandes Éxitos

Cando o persoal convértese en revolución sonora. 🎷🔥
O venres 13 de marzo, Riquela recibe o regreso dunha icona: Escandaloso Xpósito.

Non é só un concerto. É a presentación en vivo de «Grandes Éxitos», un manifesto sonoro que estira os límites do hip-hop alternativo e condensa todas as súas sensibilidades. Un álbum onde as letras son un espido integral e o son, unha exploración sen fronteiras.

MC e saxofonista nun mesmo alento, Xpósito volve para ofrecer un directo íntimo e[…]

#353 Escandaloso Xpósito viernes 13/3/2026 20:30
Presentación Grandes Éxitos
Prezo por concretar
#352
jueves 26/2/2026 21:00
Festa Drag

Prepara as plumas e o brillo, que Riquela transfórmase! ✨💃🕺
O xoves 26 de febreiro chega unha noite chea de glamour, diversión e puro espectáculo.

Un evento único con shows drag de infarto, sorteos incribles dos nosos patrocinadores e xogos para que interactúes e lévesche algo máis que bos recordos. Unha velada para celebrar a diversidade, a creatividade e a liberdade de ser.

O plan? Unha noite para deixarse sorprender, rir a gargalladas e vibrar co talento sobre o escenar[…]

#352 Raíñas jueves 26/2/2026 21:00
Festa Drag
7€ Entradas
#351
domingo 22/2/2026 16:00
Concerto benéfico

Este non é un concerto calquera. Isto é música con corazón, aprendizaxe con propósito e comunidade en estado puro. ❤️🎸

O domingo 22 de febreiro, Riquela abre as súas portas á canteira máis vibrante: o Festival Solidario da Casa do Rock, onde o verdadeiro protagonista é o talento e a xenerosidade.

En que consiste?
✨ 10 bandas (combos) formadas polo alumnado da escola, desde os máis novos ata os máis avanzados. Estilos variados: rock, metal, pop, blues e máis.
✨ Experi[…]

#351 Festival de Combos de A Casa do Rock domingo 22/2/2026 16:00
Concerto benéfico
#350
viernes 27/2/2026 20:30
Concerto

Se buscas unha banda para unha sesión vermú, ningunha
como Tona. Este novo proxecto sorprende coa súa
particular visión das coplas e melodías populares e cos
seus concertos participativos e festivos nos que non
bailar non é unha opción. Directos orgánicos, analóxicos e
divertidos cunha formación única: Miguel Cernadas
(Terbutalina) na voz, letras e composición; Tomás Ageitos
(Compañía do Ruído, Das Kapital) na batería e
composición; Roberto Come[…]

#350 Tona viernes 27/2/2026 20:30
Concerto
10€ Entradas
#349
jueves 7/5/2026 20:30
Concerto

Eris Mackenzie é o proxecto do produtor e compositor coruñés Carlos Eirís, que fusiona electrónica de vangarda con elementos da tradición galega.

O artista combina electrónica, minimal-techno ou hardstyle con alalás, jotas e melodías populares para construir un son propio. Autodidacta, crea desde un espazo moi persoal onde o piano e a produción dixital dialogan.

#349 Eris Mackenzie jueves 7/5/2026 20:30
Concerto
10€  Entradas
#348
viernes 20/2/2026 20:30
Concerto

O venres 20 de febreiro, Riquela réndese ao talento irresistible de Queen Rendi. Unha noite onde a actitude, a potencia vocal e o carácter único encherán cada recuncho da sala.

Se buscas un directo con personalidade propia, cheo de forza e con ese selo inconfundible, leste é o teu concerto. Queen Rendi non vén actuar, vén reinar no escenario. Estás listo para o show?

🗓️ VENRES 20 DE FEBREIRO 2026
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club, Santiago de Compostela

🎟️ ENTRADAS (Afo[…]

#348 Queen Rendi viernes 20/2/2026 20:30
Concerto
7€ anticipada * Entradas
Anterior Siguiente