#143
Tacón Gitano
Mércores 21/9/2022 21:00
HOLANOLA

Tacón Gitano é flamenco, pero non un flamenco calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano. Un pobo que soubo conservar ata os nosos días unha forma de vida e unha cultura propias. Un pobo que expresa como ninguén os seus sentimentos feitos música. As súas penas e as súas alegrías xa son patrimonio da humanidade e asolagan case calquera recuncho do planeta de beleza e arte. Galicia non ía ser menos, e ten neste espectáculo embaixadores do mellor flamenco xitano: os Fernández e os Salazar. Desde os paus máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nunha hora de espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Sen outro propósito que o de compartir o propio co espectador. Unha viaxe única, un deleite para os sentidos.

Tacón Gitano son Moisés Fernández, Rubén Fernández e Isaías Salazar.

https://www.instagram.com/tacongitano_oficial/?hl=es
#143 Tacón Gitano Mércores 21/9/2022 21:00
HOLANOLA
15€ / 12€ anticipada. Abono HOLANOLA 30€ (+ gastos) Puntos de venda:
A Reixa Tenda e Riquela Club
Comparte! HOLANOLA FESTIVAL. Tradicional, flamenco, New Orleans
#154
Domingo 25/9/2022 21:00
HOLANOLA / modus vivendi

Benjamín Vázquez nace nunha casa chea de música. Dende moi pequeno somérxese na colección de discos de seu pai, gran melómano, onde predominaba a música americana: blues, jazz, gospel, country, rock & roll, soul, funk e moito rock clásico. Mais tamén había moitas músicas do mundo: cubana, mexicana, reggae e africana, entre outras.
Ademais, na casa tiñan unha vella guitarra española, coa que xogou durante anos a improvisar melodías por riba dos seus discos favoritos.
Máis tarde, es[…]

#154 Xoan Carlos & Benxa Domingo 25/9/2022 21:00
HOLANOLA / modus vivendi
Entrada gratuita
#153
Domingo 25/9/2022 18:00
HOLANOLA / Flamingo

Big Xulián Folkloor (Xulián Freire) es un habitual de la escena Blues nacional. Como cantante y guitarrista ha compartido escenario, en más de 20 años de carrera con Elías Cassamo y Bibi Prieto (Afrocuncas), Rockin´Kike Pazos y Santi Roma (Fat Xuliano and the Skinny Ones), Juli ElLento (Los Julianes), Fernando Lamas (LA.FRE.S.A), John Fairhurst, Ñaco Goñi, Malcolm Scarpa, Julián Maeso, y muchos más.

#153 Big Xulian Folkloor Domingo 25/9/2022 18:00
HOLANOLA / Flamingo
Entrada gratuita
#152
Martes 20/9/2022 21:00
HOLANOLA / FUCO LOIS

Cando non está de viaxe, Noel divide o seu tempo entre Austin e Nashville. Creador de cancións e escultor de instrumentos. Cantante de contos que viaxa internacionalmente. Estudante de bioloxía molecular.
Criado en Lubbock e Texas Hill Country, Noel McKay é un compositor/ artista cuxas cancións o levaron polos Estados Unidos e ao redor do mundo.
En 1993, descubriuno a lenda da composición Guy Clark mentres interpretaba as súas cancións nun lugar en Kerrville, Texas. A titoría de C[…]

#152 Noel McKay Martes 20/9/2022 21:00
HOLANOLA / FUCO LOIS
Entrada gratuita
#151
Sábado 24/9/2022 12:00
HOLANOLA / praza feixoo

Cantigas e agarimos.
A comezos do século XX fórmase o coro Queixumes dos Pinos baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León e a dirección dun novísimo Bernardo del Río. A necesidade de introducir voces femininas no repertorio chocaba coas ideas do Centro Católico no que ensaiaban. Lonxe de reprimir a súa evolución artística, o grupo buscou refuxio nos locais da Unión Protectora de Artesáns. O 29 de xullo do 1921 presentouse á cidadanía no Teatro Principal e na Alameda baixo o nome de […]

#151 Cantigas e agarimos e Caldo Sábado 24/9/2022 12:00
HOLANOLA / praza feixoo
Entrada gratuita
#150
Sábado 24/9/2022 20:00
HOLANOLA

Esta é unha colección de cancións que representan unha época e un lugar específicos. É unha instantánea da produción musical dunha pequena comunidade de compositores e músicos que se podía escoitar nas esquinas das rúas, en locais pequenos, nas fogueiras do xardín e nas festas na casa de Nova Orleans na primavera do 2016. Aínda que algúns dos participantes acadaran o recoñecemento nacional e algúns dos músicos formaron parte de actos que gozaron dun éxito máis amplo, a maioría eran coñecidos […]

#150 Mashed Potato Records Sábado 24/9/2022 20:00
HOLANOLA
15€ / 12€ anticipada. Abono HOLANOLA 30€
#149
Sábado 24/9/2022 21:00
HOLANOLA

The Fabulous Resaca Brothers leva pateando escenarios case 10 anos, nos que teñen acompañado a bandas do calibre de Rede House, Gisele Jackson, The Agapornis ou Marcos Coll. Tamén foron banda residente nun clásico garito de Compostela, onde tocarían uns 150 concertos.
Son varios os musicos que pasaron pola formación, que se mantén sempre cambiante para interpretar temas clásicos do Blues eléctrico. O que non cambia nunca é a FESTA que montan encima do escenario. Ás veces mesmo a montan […]

#149 Resaca Brothers Sábado 24/9/2022 21:00
HOLANOLA
15€ / 12€ anticipada. Abono HOLANOLA 30€
Anterior Siguiente