Que sucede coa música? Sempre existen certos límites (ou non), pero dende logo en Riquela pretendemos ser eclécticos e sobre todo somos gústanos que os DJ que nos acompañaron desde o primeiro día sigan con nós.

Así é DJ Sanma, o primeiro DJ do Riquela; dous metros de altura nunha mesa de madeira de apenas 40 centímetros. Así foi desde o seu primeiro día. Sanma é todo un símbolo de Compostela e para nós é un máis da casa.

Sanma ademais posúe unha colección exquisita de cultura underground dos anos 60, rarezas que leva coleccionando dende a infancia e que son pezas únicas; música cine e fotografía, que xa pasaron por Riquela Club na exposición “Sanmasville: rarezas y misceláneas de DJ Sanma”, con motivo da 8ª edición do Outono Códax Festival.

Música Novas