Contacto

Podes organizar o teu evento (concertos, charlas, ceas e todo tipo de festas). Ten en conta que a programación musical de RIQUELA CLUB adoita ser planificada con bastante antelación, sobre todo en fins de semana e festivos, así que canto antes fagas a túa reserva mellor.

Se estás interesado en reservar o RIQUELA CLUB cubre o formulario de abaixo e poñerémonos en contacto convosco o antes posible.

Se queres organizar un concerto, non esquezas incluír na mensaxe links da música da banda ou bandas ás que representas e as datas nas que estás interesado.

Por favor, debes ter en conta que:
- Todos os concertos que se celebren en venres, sábados ou vésperas de festivos deberán comezar como moi tarde ás 21:00 e rematar antes das 23:30. Entendemos que isto é unha limitación.
- Antes de enviar a mensaxe, por favor, comproba o noso listado de eventos publicados na web para ver se as datas solicitadas xa non están dispoñibles. As especificacións técnicas tamén as podes atopar nesta web.
- Os prezos de aluguer están suxeitos a variacións en función das datas e o tipo de evento a celebrar.
- En canto ás festas privadas, mantemos un aforo mínimo para poder reservar todo o espazo (isto tamén depende da data e as horas do día que se queiran reservar).
- O envío deste formulario NON É UNHA RESERVA, senón unha solicitude. A reserva será confirmada vía e-mail.

    Nome

    Enderezo electrónico

    Teléfono

    Asunto

    Mensaxe