Concertos

A vocación de RIQUELA CLUB é converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Inc Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o RIQUELA CLUB como espazo colaborador para as súas programacións. E tamén, como non, RIQUELA CLUB abre as súas portas para que podas tomar as túas copas en boa compañía e con boa música.

  • 22/03/24 | Venres - 21:00 (#234) Arizona Baby The Salvation Tour 20€ / 16€ anticipada (+ gastos) Entradas
  • 12/04/24 | Venres - 21:00 (#231) Javier Turnes & The Hakemen Blues & Soul Entrada gratuita
  • 14/04/24 | Domingo - 18:30 (#229) Ansia Viva Etiqueta Negra Producciones - Noite de Humor Oswaldo Digón e Luis Tinaquero 12€ (+ gastos) Entradas
  • 20/04/24 | Sábado - 21:00 (#238) Freedonia Freedonia presenta o seu novo single Cheap Love Cheap Love Tour 24€ / 20€ anticipada (+ gastos) Entradas
  • 09/05/24 | Xoves - 20:00 (#241) Santi Araujo Presentación 'Canciones para bailar' GAL 18€ / 15€ anticipada (+ gastos) Entradas
  • 30/05/24 | Xoves - 21:00 (#244) Lætitia Sadier & The Source Ensemble SON Estrella Galicia FR 18€ / 15€ anticipada (+ gastos) Entradas
Concertos anteriores

Micah P Hinson, Cracker, Luke Wislow King, Rubio de Pruna, Alex Cooper, Morgan , Andrew Combs, Rodrigo Amarante, Bia Ferreira... Por Riquela teñen pasado os máis selectos artistas nacionais e internacionais... e os que quedan por pasar. Bótalle un ollo ó noso arquivo se tes un rato.

Características técnicas

En RIQUELA CLUB dispoñemos de todo o necesario para levar a cabo o teu evento. Se queres montar un concerto podes descargarte o rider técnico da sala e ver exactamente o equipo de son co que contamos, o noso backline básico e o noso escenario. Aquí vos deixamos un resumo das especificacións técnicas:

- Escenario de tarimas de 4x3 m.
- Equipo de son con watios de sobra para as dimensións da sala.
- Monitores de escenario.
- Mesa de son dixital con control dixital táctil.
- Microfonía estándar voces, amplificadores e batería.
- Backline básico (batería, amplificador de baixo e amplificador de guitarra).
- Mesa de DJ con 4 canais.
- Pratos e pletinas de CD.
- Sistema de son hi-fi.
- Sistema de proxección de imaxes.

Se tes dúbidas podes contactar connosco ao través do noso formulario de contacto ou escribíndonos a eventos@riquela.com