#107
XAN CAMPOS ESD
Venres 14/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

VIRXILIO DA SILVA guitarra
WILFRIED WILDE guitarra
XAN CAMPOS teclados
IAGO FERNÁNDEZ batería

ESD é o novo traballo do pianista e compositor de jazz Xan Campos, un disco que marca unha notoria diferencia cos anteriores Ida e Volta (2007), Orixe Cero (2011) e Ectropía (2014). ESD condúcenos a sons máis eléctricos, ao jazz-rock e á psicodelia dos anos 70. Xan Campos é un pianista de jazz moi recoñecido, pero nesta ocasión decide deixar a un lado o seu instrumento principal, o piano acústico, para explorar novos sons cun resultado transgresor e moi orixinal. "Este proxecto nace da curiosidade por outros instrumentos e por outras posibilidades tímbricas. O jazz, máis que un estilo musical, é unha forma de entender a música, e aí ábrense as portas a moitas novas experiencias". Á hora de elixir aos compoñentes da banda, Xan Campos deulle moita importancia aos músicos cos que quería traballar e ESD convértese nun orixinal cuarteto eléctrico sen baixo, pero con dúas guitarras, as de Virxilio Da Silva e Wilfried Wilde, a batería de Iago Fernández, e Xan Campos no Rhodes e sintetizadores. Todos eles músicos cunha sobresaínte traxectoria e talento, e cunha identidade moi clara que neste disco editado por Free Code Jazz Records resulta fácil de recoñecer. ESD está estruturado en dúas partes, dous tipos de temas que se van alternando: por unha banda as composicións máis rockeiras de sonoridade máis crúa e, como ponte de unión entre elas, as "gamas de cores", que son improvisacións libres e psicodélicas a trío, nas que participa unha guitarra máis. Máis aló das reminiscencias ao jazz-rock dos 70, ESD non pretende unha volta ao pasado, senón "explorar outras ferramentas para plasmar a nosa personalidade musical, que ten moito de jazz, pero tamén doutros estilos".

------------------

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén e o Modus Vivendi, e por un recén chegado ao barrio como é o novo Riquela Club, que en menos dun ano xa se está a converter nunha das referencias do histórico centro de Compostela, nacen os SERÁNS EN FEIXÓO. En pouco máis de tres semanas, entre o 27 de xuño e o 20 de xullo, a fermosa e escenográfica Praza de Feixóo, en cuxas proximidades ben conviven estes tres activos locais que teñen en común o seu amor pola cidade e o compromiso coa música e a cultura, servirá de escenario para nove concertos, e un mercadiño solidario a beneficio da ONG libanesa BeFriend Me. Como non podería ser doutro xeito, esta programación de Seráns en Feixóo servirá de escaparate a unha suxestiva e variada selección de bandas locais e galegas que están a traballar con moita seriedade e son reflexo do gran talento que atesouran os nosos músicos. A eles se suma o reputado cantante e guitarrista cubano Kamankola que nestas datas estará visitando Galicia. Teremos rock, blues, boleros, tangos, fusión, jazz en moi diferentes e enriquecedoras propostas, flamenco, etc.

Abre os Seráns en Feixóo KAMANKOLA cun concerto o martes 27 de xuño no que teremos a oportunidade de gozar da inspirada fusión de xéneros que explora este guitarrista e cantante cubano. O segundo concerto o protagonizan os composteláns NOE BLACK & THE BANG BAND e o seu rock & roll dos anos cincuenta (venres 30 de xuño). As seguintes citas serán co flamenco sentido e emocionante de TACÓN GITANO na compañía de luxo do guitarrista de orixe gaditano MIGUEL FLORES (martes 4 de xullo) e co divertido blues canalla dos THE FABULOUS RESACA BROTHERS (venres 7 de xullo). O luns 10 de xullo será a vez de MAD MARTIN TRIO co seu impactante xeito de facer rockabilly e rock & roll. Tres singulares, brillantes e variadas propostas en torno ao mundo do jazz chegarán coa presenza do TATO TRÍO (soul-jazz) o martes 11 de xullo, do XAN CAMPOS ESD (jazz-rock) o venres 14 de xullo e de MONKILLOS (coa premisa “de como soaría Thelonious Monk por bulerías, rumba, bolero ou guajira…” explican este trío galego o seu proxecto musical) o luns 17 de xullo. O peche destes Seráns en Feixóo o xoves 20 de xullo correrá a cargo de DOS BALAZOS SONARON, novo dúo formado Sábela King e Néstor Pardo, dous artistas de forte persoalidade, contrastado talento e gran presenza escénica que se xuntan por primeira vez para achegarnos o seu modo de ver un repertorio de xéneros populares como os boleros, os tangos, as rancheras, etc.

Calendario Seráns en Feixóo:
KAMANKOLA - martes 27 xuño
NOE BLACK & THE BANG BAND - venres 30 xuño
TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES - martes 4 xullo
THE FABULOUS RESACA BROTHERS - venres 7 xullo
MAD MARTIN TRIO - luns 10 xullo
TATO TRÍO - martes 11 xullo
XAN CAMPOS ESD - venres 14 xullo
MONKILLOS - luns 17 xullo
DOS BALAZOS SONARON- xoves 20 xullo

https://xancampos.bandcamp.com/ https://www.facebook.com/xancampostrio/
#107 XAN CAMPOS ESD Venres 14/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
(+ gastos)
Puntos de venda:

Comparte! Acceso libre e gratuito | Seráns en Feixóo | Organizan: Modus, A Borriquita de Belén, Riquela Club
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente