#60
TACÓN GITANO
Domingo 26/3/2017 20:30
+ MIGUEL FLORES

Tacón Gitano é flamenco, pero non un flamenco calquera, é a voz dun pobo, o pobo xitano; un pobo que soubo conservar ata os nosos días un xeito de vida e unha cultura propias e un pobo que expresa como ningún os seus sentimentos feitos música. As súas penas e as súas alegrías xa son patrimonio da humanidade e inundan case calquera recuncho do planeta con beleza e arte. Galicia non podía ser menos, e ten en Tacón Gitano embaixadores do mellor flamenco xitano: os Fernández e os Salazar. Dende os paus máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nunha hora de espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo; sen outro propósito que o de compartir o propio co espectador como farán ¡neste concerto en Riquela Club o domingo 26 de abril. Unha viaxe única, un deleite para os sentidos. Para a ocasión Tacón Gitano contará coa colaboración dunha guitarra de excepción, a do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos máis activos do panorama musical galego.

TACÓN GITANO
ISAÍAS SALAZAR baile
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
MOISÉS FERNÁNDEZ percusión
MIGUEL FLORES guitarra (artista invitado)

Moisés Fernández debutou no flamenco con quince anos e dende daquela non parou de tocar compartindo escenario con artistas como Falete, Paquete, Marcos Teira ou Alejandro Vargas. Rubén Fernández é irmán de Moisés Fernández e ambos os dous son fillos do guitarrista Marchena, habitual do madrileño tablao Torres Bermejas; iniciouse no flamenco co piano, para despois namorarse da guitarra e do cante, converténdose nunha figura habitual nos escenarios flamencos de Galicia. Isaías Salazar xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende; a súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas deste arte, seguindo a escola dos Farruco.

Miguel Flores iniciouse no flamenco en Madrid, na academia Amor de Dios e no Conservatorio Casa Patas, onde entra en contacto con outros afeccionados e profesionais do flamenco, e ademais tomou clases con Aquilino Fernández “Entri” e, máis tarde, con Óscar Herrero. Ten participado, xunto á familia Serranito, no Festival Flamenco e na Peña Flamenca de Ceuta. Dende a súa chegada a Galicia non deixou de colaborar en diferentes proxectos musicais e artísticos que o levaron a compartir escenario con artistas como Narf, Guadi Galego, Iria Peña, Monica de Nut, Montse Rivera, Pablo Pérez, Carlos Freire, etc., formando parte de bandas como Miguel Flores Trío, Pesdelán, Mamá Cabra, Isaías Salazar Trío ou Kelibén.

#60 TACÓN GITANO Domingo 26/3/2017 20:30
+ MIGUEL FLORES
5€
¡Comparte! Apertura de portas 19.30h
#101
Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

KAMANKOLA guitarra / voz

A música de Kamankola, artista cubano que mestura o rap coa canción, é unha fusión de xéneros tanto cubanos como de outros lugares do mundo que van dende a rumba ao jazz e do rock & roll ao guaguancó. Kamankola ten editado dous discos, Antes de que lo prohiban, para o programa Peligrosamente Juntos de Radio3 (RNE) un dos discos do ano, e o máis recente Hasta precisar el aire. Kamankola ten compartido escenario con innumerables artistas internacionais como Joaq[…]

#101 KAMANKOLA Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#102
Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

NOE BLACK voz / ukelele
JAVI BERMEJO guitarra / kazoo
CURRO MARCOS percusión

Noe Black & The Bang Band reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock & roll americano dos anos 50 e conseguen sorprender dando unha volta de porca máis que interesante a un repertorio que boa parte dos afeccionados xa coñecen: Chuck Berry, Jerry Lee Lewis, Elvis Presley, Del Shannon, Paul Anka, etc. Formado pola vocalista Noe Black, o guitarrista Javi Bermejo e o percusionista Curro Marcos, […]

#102 NOE BLACK & THE BANG BAND Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#103
Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MIGUEL FLORES guitarra

Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos má[…]

#103 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#80
Mércores 5/7/2017 22:30

Dende a súa creación en Santiago de Compostela en 2012, Paulo Silva Trío ven desenvolvendo un activo traballo que neste 2017 concretouse discograficamente no álbum titulado Mãe (Freecode Jazz Records) que agora presentan en Riquela Club o mércores 5 de xullo. O repertorio de Paulo Silva Trío caracterízase basicamente por relecturas de clásicos do jazz norteamericano como Isfahan (Duke Ellington), Birk Works (Dizzy Gillespie) ou Body and Soul (Johnny B. Green) xunto a temas, na mesma liña, de […]

#80 PAULO SILVA TRÍO Mércores 5/7/2017 22:30
6€
#81
Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha[…]

#81 GREEN WITH ENVY Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
#104
Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

FON BOTANA baixo / voz
TRILLI boom boom / percusión
ZAPA guitarra / voz
TOMÁS PORTEIRO guitarra rítmica
MANU GÓMEZ piano / voz
FUIGUI harmónica

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. […]

#104 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
Anterior Siguiente