#56
Rodrigo Cuevas
Venres 12/5/2017 21:00

El mundo por montera é o título do segundo espectáculo en solitario do ovetense Rodrigo Cuevas que, en palabras do mesmo artista, supón “unha chamada de atención sarcástica en formato de zarzuela bufa. Feito dende Asturias e para o mundo. Un novo show no que amoso o meu universo: un mundo tradicional, rural, excéntrico pero, tamén, urbano, crítico e tecnolóxico”. El mundo por montera é un espectáculo onde hai folclore, música popular e gargallada, todo cosido con calidade musical e vocal por Rodrigo Cuevas, quen manifesta sobre a súa filosofía artística que “a miña busca é a verdadeira esencia, un traballo persoal levado ao escenario, unha exposición sincera para discernir o verdadeiramente importante do banal e prescindible”.

O primeiro álbum de Rodrigo Cuevas Yo soy la maga (2012) xa apuntaba algunhas das súas intencións sonoras e estéticas que ata hoxe seguiu explorando: posta ao día dun patrimonio cultural e musical extremadamente rico, o da música folk, o da tradición. Electrocuplé, espectáculo xocoso estreado en 2014 que fusiona cabaret, copla, burlesque e, sobre todo, canción tradicional asturiana travestida con música de baile, serviu para a consolidación de Rodrigo Cuevas tras ducias de actuacións. A súa fama non deixa de crecer e cóntanse por centos de miles as reproducións dalgunhas das súas aparicións en televisión e dos seus vídeos, entre os que salienta Verdiciu, un auténtico fenómeno viral. O seu máis recente lanzamento discográfico é o EP Prince of Verdiciu (Aris Música, 2016). O verán de 2016 estivo cheo de éxitos para Rodrigo Cuevas, con concertos memorables como o da Praza Maior de Xixón a rebentar con máis de 4500 persoas colapsando las rúas próximas e infinidade de actuacións en festas populares e en salas alternativas, en escenarios principais, en platós de televisión, en pequenas aldeas de toda Asturias e en cidades como Vigo, Salamanca, León, Santander, Madrid, Barcelona, Bilbao, Palma de Mallorca, etc. Rodrigo Cuevas está orgulloso de ter sido o embaixador da Sidra de Asturias con Denominación de Orixe Protexida en 2016; participou como mestre de cerimonias en galas de teatro (Premios Oh!), en foros sobre a Unión Europea, etc.; protagonizou o Día de América en Oviedo coa carroza que pechaba o desfile no espectáculo de rúa máis multitudinario de cantos se celebran en Asturias (máis de 250.000 persoas)… Campo y tablas, un documental sobre Rodrigo Cuevas que dirixen Manu García Postigo e Ojos de Hojalata foi recentemente estreado no Teatro Campoamor no marco do Festival SACO.

E agora chega o momento do novo espectáculo de Rodrigo Cuevas, El mundo por montera, que tras ser estreado a principios de marzo no xixonés Teatro de La Laboral, chegará a Compostela e a Riquela Club o venres 12 de maio. El mundo por montera mantén as constantes fundamentais que conforman a persoal achega de Rodrigo Cuevas que abrangue o humor, o etnoglamur, o erotismo, a diversidade musical máis heterodoxa e a posta en escena intransferible cun repertorio totalmente renovado, un vestiario de nova creación e un salto cualitativo en canto á factura profesional. ¡Ten nacido unha estrela!

Cómpre dicir que non hai antídoto nin neutralidade ante o maior tsunami que atravesa a música asturiana en moito tempo; o folk asturiano e, en xeral, a música asturiana necesitaban un revulsivo destas características. Rodrigo Cuevas propón unha revisión folk chea de bo humor cun discurso non casto, lúcido e sexy que nos fai rachar os límites da corrección. A súa música é synth folk, é tonada glam e é cabaré underprao; hai moito de sincretismo musical no seu abanico de sabores, de afluentes, de resonancias e de querenzas. Rodrigo Cuevas é un artista total; total porque a súa estrela brilla populista e por entre os arrabaldes da contracultura e total porque a súa autenticidade desenmascara a calquera tipo de impostura acadando a sensibilidade de todo tipo de públicos. Cantante, compositor, acordeonista e percusionista, a súa formación musical académica inclúe o grao medio de piano e estudos de tuba no conservatorio da súa cidade natal, ademais de tres anos de Sonoloxía en Barcelona.

https://www.facebook.com/rodrigo.cuevas.electrocuple
#56 Rodrigo Cuevas Venres 12/5/2017 21:00
10€/8€ (anticipada) Entradas
¡Comparte! ¡El mundo por montera! | Apertura portas 20.00h
#101
Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

KAMANKOLA guitarra / voz

A música de Kamankola, artista cubano que mestura o rap coa canción, é unha fusión de xéneros tanto cubanos como de outros lugares do mundo que van dende a rumba ao jazz e do rock & roll ao guaguancó. Kamankola ten editado dous discos, Antes de que lo prohiban, para o programa Peligrosamente Juntos de Radio3 (RNE) un dos discos do ano, e o máis recente Hasta precisar el aire. Kamankola ten compartido escenario con innumerables artistas internacionais como Joaq[…]

#101 KAMANKOLA Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#102
Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

NOE BLACK voz / ukelele
JAVI BERMEJO guitarra / kazoo
CURRO MARCOS percusión

Noe Black & The Bang Band reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock & roll americano dos anos 50 e conseguen sorprender dando unha volta de porca máis que interesante a un repertorio que boa parte dos afeccionados xa coñecen: Chuck Berry, Jerry Lee Lewis, Elvis Presley, Del Shannon, Paul Anka, etc. Formado pola vocalista Noe Black, o guitarrista Javi Bermejo e o percusionista Curro Marcos, […]

#102 NOE BLACK & THE BANG BAND Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#103
Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MIGUEL FLORES guitarra

Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos má[…]

#103 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#80
Mércores 5/7/2017 22:30

Dende a súa creación en Santiago de Compostela en 2012, Paulo Silva Trío ven desenvolvendo un activo traballo que neste 2017 concretouse discograficamente no álbum titulado Mãe (Freecode Jazz Records) que agora presentan en Riquela Club o mércores 5 de xullo. O repertorio de Paulo Silva Trío caracterízase basicamente por relecturas de clásicos do jazz norteamericano como Isfahan (Duke Ellington), Birk Works (Dizzy Gillespie) ou Body and Soul (Johnny B. Green) xunto a temas, na mesma liña, de […]

#80 PAULO SILVA TRÍO Mércores 5/7/2017 22:30
6€
#81
Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha[…]

#81 GREEN WITH ENVY Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
#104
Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

FON BOTANA baixo / voz
TRILLI boom boom / percusión
ZAPA guitarra / voz
TOMÁS PORTEIRO guitarra rítmica
MANU GÓMEZ piano / voz
FUIGUI harmónica

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. […]

#104 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
Anterior Siguiente