#42
NAÍMA ACUÑA TRÍO
Domingo 19/2/2017 20:30

NAÍMA ACUÑA TRÍO
PABLO CASTAÑO saxofón
PACO CHARLÍN contrabaixo
NAÍMA ACUÑA batería

A baterista NAÍMA ACUÑA atesoura xa, a pesares da súa xuventude, unha longa traxectoria profesional e é un dos novos talentos o jazz do noso país, camiño de converterse nun dos seus principais referentes avalada por grandes músicos como o trompetista Arturo Sandoval, o baterista Alex Acuña ou o saxofonísta Greg Osby. Formada en centros como a Guildhall School of Music and Drama de Londres, onde se licenciou aos 14 años, recibíu clases particulares dos mestres Gregory Hutchinson, Brian Abrahams, Billy Cobham, etc. Naíma Acuña ten colaborado en numerosos proxectos, festivais e gravacións importantes (Madrid, New York, Londres, Bilbao, Barcelona, Holanda, Valencia, etc.) acompañando a artistas tan recoñecidos como Mulgrew Miller, Jean Toussaint, Scott Stroman, Eclectic Voices, Cennet Jönsson, Pierre Bousaguet, Cristian Escoudé, Nikki Iles, Roberto Somoza, Giulia Valle, John Taylor, Martin Hataway, Martin Speak, Daniel Bayliss, Gareth Fowler, Toby Boalch, Mark Hodgson, Chris Young, David Austin, Brian Traynor, Kenny Wheeler, Huw Warren, Don Rendell, Alex Dankworth e moitos máis. Naíma Acuña foi contactada polo saxofonista estadounidense Greg Osby para formar parte do profesorado do Summer Jazz Workshop de Langnau (Suiza) o próximo xullo de 2017. Naíma Acuña é endorser da prestixiosa marca estadounidense DW Drums (Drum Workshop Inc) e de caixas da marca artesá española G-Drums.

Completan NAÍMA ACUÑA TRÍO dous dos máis recoñecidos e importantes músicos de jazz do noso país. O saxofonista PABLO CASTAÑO, bolseiro pola New School, obtivo o BFA in Jazz and Contemporary Music, graduándose Magna Cum Laudem e sendo o primeiro da súa promoción. Entre os seus mestres en New York cómpre salientar a Sam Yahel, Antonio Hart, George Garzone, Tim Price, Dick Oatts, Vincent Herring, Reggie Workman, Buster Williams, Jim Snidero, Bobby Sanabria, Chris Cheek ou Adam Holzman. Á súa chegada a New York en 2005, estableceuse como músico freelance actuando en lugares como o Jazz Lincoln Center, Jazz Garage, Nuyorican Poetry Café, Native´s Café, Fat Cat, John Birks Gillespie Auditorium, Hostos College, St Peter´s Church, Goodbye Blue Monday, Carlitos Bar, Lehman College, Sweet Rhythm, Big Apple Jazz. Swing 46, Carnegie Club, etc. Ten colaborado con Tom Abbott, Stan Rubin Big Band, Jose James, Rafal Sarnecki, Ryan Anselmi, Eyal Vilner, Bobby Sanabria, etc. O contrabaixista PACO CHARLÍN obtivo en 1996 dúas bolsas do prestixioso Berklee College of Music, trasladándose a Boston para perfeccionar os seus estudos musicais. Cómpre mencionar a súa dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition (Bachelor of Music, Degree) con mención honorífica (Magna Cum Laude) eo premio The Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship 2000, concedido pola universidade ao músico máis destacado de cada promoción. Algúns dos músicos aos que ten acompañado son Raynald Colom, Johnathan Blake, Mark Turner, Sean Levit, Sheila Jordan, Chris Cheek, Steve Kuhn, Perico Sambeat, Lage Lund, Donald Edwards, Miguel Zenon, Chano Dominguez, Jaleel Shaw, Walter Smith III, Jonathan Kreisberg, Rob Bargard, Mike Melvoin, Kurt Weiss, Marcus Strickland, Andrej Oleznizaj, Kendrick Scott, Bobby Martinez, Javier Vercher, Bernardo Sassetti, Marcus Gilmore, Chris Kase, Brannen Temple, Skip Hadden, Aruan Ortiz, Jeff Harrington, Akili Jamal Haynes, Darren Barrett, David Doruzka, Jeff Williams, John O’Gallagher, Aaron Goldberg, Bob Sands, Ambrose Akinmusire, Jorge Pardo, etc.

http://www.naimaacuna.com https://m.facebook.com/naimaacunaMusician/
#42 NAÍMA ACUÑA TRÍO Domingo 19/2/2017 20:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela Jazz | Deleite ao vivo | Consumición mínima incluida na entrada | Apertura portas 19.30h Logos
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente