#73
MORGAN
Xoves 15/6/2017 21:30

MORGAN volve á carretera para continuar a presentación do seu primeiro traballo discográfico e visita Compostela por primeira vez cun concerto en Riquela Club o xoves 15 de xuño incluido na programación de Arehucas Live Music!. Banda creada en Madrid en 2012, momento no que Nina de Juan amosa as súas composicións a Paco López e a Ekain Elorza e os tres anímanse a armonizalas e crear un novo grupo. Ese mesmo ano debutan en formato acústico na sala Costello da capital. A partir dese momento, frecuentan diferentes salas de Madrid e do País Vasco presentando xa unha formación eléctrica coas guitarras e voces de Paco López, a batería de Ekain Elorza, o baixo de Alejandro Ovejero, os teclados de David Schulthess e o piano e a voz de Carolina de Juan. Non é ata finais de 2015 que deciden gravar o seu primeiro álbum e o fan no La Cabaña (Madrid), onde coa axuda do produtor José Nortés (Ariel Rot, Quique González, Sergio Makaroff, etc.) rexistran North, disco autoeditado que saíu ao mercado en febreiro de 2016 e que conseguíu colarse nas listas dos máis vendidos neste 2017. Morgan non deixou de tocar e sumar éxitos. Durante 2016 presentaron o seu disco en 25 cidades e visitaron algúns dos grandes festivais españois (Mad Cool, Sonorama, Gigante, Actual, Let’s Festival). Cómpre salientar o seu concerto de apertura para Leiva nun Palacio de los Deportes de Madrid cheo ata a bandeira e a súa viaxe a Brasil para acompañar a Tulipa Ruiz (gañadora dun Grammy Latino) en varios eventos en Sao Paulo. O 2017 arrancou do mellor xeito posible: reeditaron o seu disco despois de ter agotada a primeira edición e o continúan presentando por novos territorios como Cataluña, Santander ou Zaragoza. Aínda co “entradas agotadas” na mítica sala Joy Eslava de Madrid en la memoria, Morgan está preparada para botarse á carreteira e visitar novas salas, ciudades, ciclos e festivais ata o momento do regreso ao estudo de para gravar o seu segundo disco.

https://www.facebook.com/morganmusicband/ Cartel del concierto
#73 MORGAN Xoves 15/6/2017 21:30
13€ / 10€ (anticipada) Entradas
¡Comparte! Arehucas Live Music! | Apertura portas 20.30h Logos
#111
Xoves 21/9/2017 21:00

O polifacético artista arxentino ANDY CHANGO presenta en Riquela Club o próximo xoves 21 de setembro o seu primeiro espectáculo cómico unipersoal. Baixo o título EL HOMBRE NADA, Andy Chango deseñou unha serie de monólogos cercanos ao stand up, termo que, con bo humor, el detesta porque “discrimina aos lisiados e aos demais obríganos a estar de pé”. Nos seus soliloquios, eventualmente acompañado polo seu teclado electrónico, Andy Chango fainos rir e reflexionar sobre a relixión, o sexo, o amor[…]

#111 Andy Chango Xoves 21/9/2017 21:00
12€ / 9€ anticipada Entradas
#115
Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Banda formada na Coruña en 2010 por Marian Ledesma (voz), Nacho Martín (contrabaixo) e Guillermo A. Crespo (guitarra), empezaron a formar o seu repertorio con clásicos do rockabilly e homenaxeando aos seus ídolos Gene Vincent, Janis Martin, Wanda Jackson, Carl Perkins, etc. Axiña ten lugar a incorporación de Víctor Sánchez no saxo e Santi Roma na batería e, a clara inclinación cara o jazz e o blues da cantante Marian Ledesma, fai virar o seu repertorio ó jive, o rhythm & blues e os sons máis […]

#115 MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#114
Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. O que si é seguro é que complicado non mover o pé e menear o cú con ese blues de taberna que tan ricamente executan.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán[…]

#114 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#112
Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía

Ven a soñar o Sur nas cancións de Javier Ruibal. Deixate levar pola súa música e sentirás unha paixón arrolladora, exuberante, colorista e luminosa. Suresencias é un finísimo destilado da esencia dol Sur que entrará poderosamente por todos os teus sentidos. Co esmero e a dedicación do alquimista, Javier Ruibal oficia cada concerto como un chamán que te fará amar para sempre o Sur, nunha viaxe pola emoción cara a utopía.

De Javier Ruibal dinos Juan Manuel Caballero Bonald: “No xa cop[…]

#112 Javier Ruibal Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía
15€ / 13€ (anticipada) Entradas
#113
Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Para despedir o verán e antes de que cheguen as choivas, a Praza de Feixóo aínda será o escenario de 3 concertos máis. O martes 12 de setembro será a vez do rock absurdo de Es un árbol!: “Ellos son el futuro como la sonrisa de un niño, y están listos para hacerte arder dentro de su agreste maquinaria musical”. En caso de choiva, o concerto celebrarase no Modus.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén[…]

#113 ES UN ÁRBOL Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#110
Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs

Soledad amosa outra cara de sí mesma en "Dance and Hunt" , o seu xeito de comezar a compoñer mudou neste tempo, ensamblando a electrónica que tiña dando voltas na súa cabeza coas súas novas cancións e, de forma moi natural a presenza de cada elemento cambiou e a forma de transmitilo tamén.

"Dance and Hunt" está composto e producido por Soledad Vélez, entre Galicia e Valencia, nun proceso no que a artista descubriu novas aristas. "Dance and Hunt" trata sobre as sensacións, sobre o move[…]

#110 Soledad Vélez Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs
8€ Entradas
Anterior Siguiente