#115
MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS
Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Banda formada na Coruña en 2010 por Marian Ledesma (voz), Nacho Martín (contrabaixo) e Guillermo A. Crespo (guitarra), empezaron a formar o seu repertorio con clásicos do rockabilly e homenaxeando aos seus ídolos Gene Vincent, Janis Martin, Wanda Jackson, Carl Perkins, etc. Axiña ten lugar a incorporación de Víctor Sánchez no saxo e Santi Roma na batería e, a clara inclinación cara o jazz e o blues da cantante Marian Ledesma, fai virar o seu repertorio ó jive, o rhythm & blues e os sons máis puros de finais dos 40 e principios dos 50, mesturando no seu repertorio a Ruth Brown con Tinny Bradshaw ou LaVern Baker e intercalando temas de creación propia. Con eles pechamos os Seráns en Feixóo deste 2017.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén e o Modus Vivendi, e por un recén chegado ao barrio como é o novo Riquela Club, que en menos dun ano xa se está a converter nunha das referencias do histórico centro de Compostela, nacen os SERÁNS EN FEIXÓO que, tras o éxito da convocatoria no mes de xullo, quere ofrecer 3 concertos máis neste mes de setembro antes de que chegue a choiva na fermosa e escenográfica Praza de Feixóo, en cuxas proximidades ben conviven estes tres activos locais que teñen en común o seu amor pola cidade e o compromiso coa música e a cultura.

--

Calendario Seráns en Feixóo (setembro 2017):
ES UN ÁRBOL - martes 12 setembro
THE FABULOUS RESACA BROTHERS - mércores 27 setembro
MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS - venres 29 setembro

https://www.facebook.com/MayThaiyLosTorinoRockets/
#115 MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
(+ gastos)
Puntos de venda:

Comparte! A Coruña, swing-jig / rhythm&blues | organizan: Modus Vivendi, Riquela e Borriquita de Belém
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente