#22
JUZZ
Mércores 14/12/2016 21:30

O guitarrista Virxilio da Silva comezou a súa formación no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e posteriormente licenciouse na ESMAE (Oporto). Gravou o seu primeiro disco en trío en 2015 e en 2009 editou o seu primeiro traballo como lider, Odysseia, con Walter Smith III, Marcus Gilmore, Derek Nievergelt e Xan Campos. Ten colaborado en numerosas gravacións ao longo dos últimos 10 anos. Como final de programa do máster europeo EUJAM (Conservatorium de Ámsterdam, C Conservatoire Supérieur de Musique et Dance de París e Rhythmic Music Conservatory de Copenhague), Virxilio da Silva presentará os seus últimos traballos, froito destes dous anos de investigación e experimentación, que tiveron como resultado unha música cuxa influencia vai dende o rock psicodélico e ácido de finais dos anos sesenta ato o jazz, pasando polo pop de vangarda máis experimental, o noise e o stoner rock; unha música que ten como máxima a busca da liberdade máis alá da clasificación nun xénero determinado e que aspira, por enriba de todo, a manifestar a súa esencia subversiva.

VIRXILIO DA SILVA guitarra
ROSOLINO MARINELLO saxofón tenor
XAN CAMPOS Fender Rhodes
ALEX SALGUEIRO órgano Hammond
FELIX BARTH baixo
IAGO FERNÁNDEZ batería

RIQUELA, recentemente inaugurado (9 de setembro de 2016), está situado no casco vello de Santiago de Compostela, en concreto nonúmero 35 da rúa do Preguntoiro, un espazo que se abre á céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo e que esa dividido en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: Riquela Bar e Riquela Club. RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico aberto dende as 11.30 da mañá ata a 1.00 da madrugada cunha suxerente oferta de carta de comidas e bebidas. RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar da música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. A vocación de RIQUELA CLUB de converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos, xa dou os seus primeiros exitosos pasos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o Riquela Club como espazo colaborador para as súas programacións.

Xa nas primeiras semanas de actividade, con dous concertos do compostelán Valentín Caamaño Trío, RIQUELA CLUB amosou o seu interese polo jazz como unha das liñas de programación que haberían de definir a súa oferta cultural. Esta intención se materializa agora neste ciclo RIQUELA 3&3 JAZZ, un certame que xurde froito da colaboración dunha destilería tamén santiaguesa, LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, e que nace vinculado en concreto á súa marca 3&3 PREMIUM GIN.

RIQUELA 3&3 JAZZ supón toda unha declaración de intencións de dúas iniciativas compostelás, do novo RIQUELA CLUB e de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, na que é unha firme aposta polo jazz feito en Galicia. RIQUELA 3&3 JAZZ nace en forma dun ciclo de catro concertos que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, unha primeira entrega que nace con vontade de converterse nun ciclo estable durante o próximo 2017 co respaldo dunha marca galega de calidade como a 3&3 PREMIUM GIN. Os protagonistas destes primeiros catro concertos, que se celebrarán 2 mércores e 2 domingos son Xacobe Martínez Antelo Trío (mércores 9 novembro), Andrés Rivas Jazz Trío (domingo 20 novembro), Felipe Villar Organ Trío (domingo 4 decembro) e, para rematar, o sexteto FUZZ que lidera o guitarrista Virxilio da Silva (mércores 14 decembro).

As localidades para estes concertos están á venda no RIQUELA a o ecónomico prezo de 6 euros (abono para os 4 concertos de 18 euros), e inclúen unha degustación de 3&3 PREMIUM GIN ou doutro producto de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS.

http://jazzum-agencia.blogspot.com.es/2015/02/virxilio-da-silva-quinteto.html Cartel del concierto
#22 JUZZ Mércores 14/12/2016 21:30
6€/18€ (abono)
¡Comparte! Entrada concerto: 6€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída) abono 4 concertos: 18€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída por concerto). Apertura portas 20.30h Logos
#111
Xoves 21/9/2017 21:00

O polifacético artista arxentino ANDY CHANGO presenta en Riquela Club o próximo xoves 21 de setembro o seu primeiro espectáculo cómico unipersoal. Baixo o título EL HOMBRE NADA, Andy Chango deseñou unha serie de monólogos cercanos ao stand up, termo que, con bo humor, el detesta porque “discrimina aos lisiados e aos demais obríganos a estar de pé”. Nos seus soliloquios, eventualmente acompañado polo seu teclado electrónico, Andy Chango fainos rir e reflexionar sobre a relixión, o sexo, o amor[…]

#111 Andy Chango Xoves 21/9/2017 21:00
12€ / 9€ anticipada Entradas
#115
Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Banda formada na Coruña en 2010 por Marian Ledesma (voz), Nacho Martín (contrabaixo) e Guillermo A. Crespo (guitarra), empezaron a formar o seu repertorio con clásicos do rockabilly e homenaxeando aos seus ídolos Gene Vincent, Janis Martin, Wanda Jackson, Carl Perkins, etc. Axiña ten lugar a incorporación de Víctor Sánchez no saxo e Santi Roma na batería e, a clara inclinación cara o jazz e o blues da cantante Marian Ledesma, fai virar o seu repertorio ó jive, o rhythm & blues e os sons máis […]

#115 MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#114
Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. O que si é seguro é que complicado non mover o pé e menear o cú con ese blues de taberna que tan ricamente executan.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán[…]

#114 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#112
Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía

Ven a soñar o Sur nas cancións de Javier Ruibal. Deixate levar pola súa música e sentirás unha paixón arrolladora, exuberante, colorista e luminosa. Suresencias é un finísimo destilado da esencia dol Sur que entrará poderosamente por todos os teus sentidos. Co esmero e a dedicación do alquimista, Javier Ruibal oficia cada concerto como un chamán que te fará amar para sempre o Sur, nunha viaxe pola emoción cara a utopía.

De Javier Ruibal dinos Juan Manuel Caballero Bonald: “No xa cop[…]

#112 Javier Ruibal Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía
15€ / 13€ (anticipada) Entradas
#113
Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Para despedir o verán e antes de que cheguen as choivas, a Praza de Feixóo aínda será o escenario de 3 concertos máis. O martes 12 de setembro será a vez do rock absurdo de Es un árbol!: “Ellos son el futuro como la sonrisa de un niño, y están listos para hacerte arder dentro de su agreste maquinaria musical”. En caso de choiva, o concerto celebrarase no Modus.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén[…]

#113 ES UN ÁRBOL Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#110
Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs

Soledad amosa outra cara de sí mesma en "Dance and Hunt" , o seu xeito de comezar a compoñer mudou neste tempo, ensamblando a electrónica que tiña dando voltas na súa cabeza coas súas novas cancións e, de forma moi natural a presenza de cada elemento cambiou e a forma de transmitilo tamén.

"Dance and Hunt" está composto e producido por Soledad Vélez, entre Galicia e Valencia, nun proceso no que a artista descubriu novas aristas. "Dance and Hunt" trata sobre as sensacións, sobre o move[…]

#110 Soledad Vélez Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs
8€ Entradas
Anterior Siguiente