#44
JAVIER NAVAS QUARTET
Mércores 29/3/2017 21:30

JAVIER NAVAS QUARTET
JAVIER NAVAS vibráfono
JUAN GALLARDO teclado
BORI ALBERO contrabaixo
DANI DOMÍNGUEZ batería

Riquela Club acolle o debut en Santiago de Compostela de JAVIER NAVAS QUARTET cun concerto o mércores 29 de marzo no que o cuarteto andaluz presenta o seu novo disco. Publicado recentemente por Ambar Records, Finally in my hands é o primeiro álbum de Javier Navas como líder. Compoñen Finally in my hands composicións orixinais de Javier Navas, todas elas de gran enerxía, unha sorte de mestura entre tradición e modernidade dentro do jazz máis actual. O cuarteto que completan Juan Galiardo, Bori Albero e Dani Domínguez presentou xa o seu traballo, con grande éxito de público, en importantes escenarios e festivais como Jamboree Jazz Club (Barcelona), Jimmy Glass (Valencia), Clasijazz (Almería), Teatro Echegaray (Málaga), Festival Jazztedigo (Granada), Festival Rizoma (Algeciras), etc. En 2017 teñen xa programadas xiras por Cataluña (Jazz Cava de Terrassa, Sunset de Girona) e Galicia. Javier Navas Quartet foi seleccionado pola Asociación Andajazz (asociacións de jazz de Andalucía) para realizar una xira por toda a súa comunidade.
Colaborador habitual das orquestras máis importantes de Andalucía, o malagueño Javier Navas comezou pouco a pouco a facerse un oco no mundo do jazz, tocando con reputados músicos da escena actual e liderando os seus propios proxectos. Javier Navas compartíu escenario con artistas como Enrique Oliver, Phil Wilkinson, Pedro Cortejosa, Julián Sánchez, Bori Albero, Dani Domínguez, Ernesto Aurignac, Juan Galiardo, Toni Mora, David León, Jose Carra, etc. Actualmente participa activamente noutros proxectos como The Beatles Songbook e The Big Three (agrupación que lembra os míticos tríos de vibráfono, guitarra e contrabaixo). Javier Navas é un vibrafonista en continuo desenvolvemento, que une ao coñecemento clásico e técnico do instrumento, a linguaxe sofisticada e evolucionada do jazz e as músicas modernas.

http://www.javiernavasmusic.com https://www.facebook.com/javier.navasfernandez
#44 JAVIER NAVAS QUARTET Mércores 29/3/2017 21:30
5€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Riquela Jazz | Deleite ao vivo | Consumición mínima incluida na entrada | Presentación do disco "Finally in my hands" | Apertura portas 19.30h Logos
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente