#81
GREEN WITH ENVY
Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha viaxe sonora do máis placenteira, que o be-bop está moi vivo e que non é só unha peza de museo" (Enrique Farelo sobre Green With Envy. Tomajazz, febreiro 2017).

Green With Envy é o novo proxecto paralelo do guitarrista compostelán Valentín Caamaño, no que rende homenaxe ao gran guitarrista Grant Green. Dedicado á súa memoria e siempre co blues como raíz e referencia, é capaz de captar a esencia da súa música e interpretación, pero filtrado polo seu persoal xeito de entendelas. A proposta está cargada de swing, hardbop, blues e incluso gospel, facendo un verdadeiro percorrido pola música tradicional norteamericana, sempre ao través da mirada atrevida da música improvisada. O proxecto Green With Envy non se formula como unha formación casual, senón que o trío, que completan o batería Andrés Rivas e o contrabaixista Juyma Estévez, ten decidida vocación de continuidade e de traballo na difusión da figura do guitarrista de St. Louis. Green With Envy editou recentemente o seu primeiro disco baixo o título homónimo Green With Envy (FreeCode Jazz Records, 2017) e xa foi merecedor de excelentes críticas a nivel nacional e internacional.

https://valentincaamano.bandcamp.com/album/green-with-envy Cartel del concierto
#81 GREEN WITH ENVY Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
¡Comparte! ROQUELA VERÁN | Entrada gratuita ata completar o aforo do local | Apertura de portas 21.30h
#111
Xoves 21/9/2017 21:00

O polifacético artista arxentino ANDY CHANGO presenta en Riquela Club o próximo xoves 21 de setembro o seu primeiro espectáculo cómico unipersoal. Baixo o título EL HOMBRE NADA, Andy Chango deseñou unha serie de monólogos cercanos ao stand up, termo que, con bo humor, el detesta porque “discrimina aos lisiados e aos demais obríganos a estar de pé”. Nos seus soliloquios, eventualmente acompañado polo seu teclado electrónico, Andy Chango fainos rir e reflexionar sobre a relixión, o sexo, o amor[…]

#111 Andy Chango Xoves 21/9/2017 21:00
12€ / 9€ anticipada Entradas
#115
Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Banda formada na Coruña en 2010 por Marian Ledesma (voz), Nacho Martín (contrabaixo) e Guillermo A. Crespo (guitarra), empezaron a formar o seu repertorio con clásicos do rockabilly e homenaxeando aos seus ídolos Gene Vincent, Janis Martin, Wanda Jackson, Carl Perkins, etc. Axiña ten lugar a incorporación de Víctor Sánchez no saxo e Santi Roma na batería e, a clara inclinación cara o jazz e o blues da cantante Marian Ledesma, fai virar o seu repertorio ó jive, o rhythm & blues e os sons máis […]

#115 MAY THAI & LOS TORINO ROCKETS Venres 29/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#114
Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. O que si é seguro é que complicado non mover o pé e menear o cú con ese blues de taberna que tan ricamente executan.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán[…]

#114 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Mércores 27/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#112
Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía

Ven a soñar o Sur nas cancións de Javier Ruibal. Deixate levar pola súa música e sentirás unha paixón arrolladora, exuberante, colorista e luminosa. Suresencias é un finísimo destilado da esencia dol Sur que entrará poderosamente por todos os teus sentidos. Co esmero e a dedicación do alquimista, Javier Ruibal oficia cada concerto como un chamán que te fará amar para sempre o Sur, nunha viaxe pola emoción cara a utopía.

De Javier Ruibal dinos Juan Manuel Caballero Bonald: “No xa cop[…]

#112 Javier Ruibal Sábado 23/9/2017 21:00
Artista invitada: Uxía
15€ / 13€ (anticipada) Entradas
#113
Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo

Para despedir o verán e antes de que cheguen as choivas, a Praza de Feixóo aínda será o escenario de 3 concertos máis. O martes 12 de setembro será a vez do rock absurdo de Es un árbol!: “Ellos son el futuro como la sonrisa de un niño, y están listos para hacerte arder dentro de su agreste maquinaria musical”. En caso de choiva, o concerto celebrarase no Modus.

Organizados por dous locais míticos do Casco Vello compostelán que case non necesitan presentación, como A Borriquita de Belén[…]

#113 ES UN ÁRBOL Martes 12/9/2017 20:00
Seráns en Feixoo
De balde
#110
Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs

Soledad amosa outra cara de sí mesma en "Dance and Hunt" , o seu xeito de comezar a compoñer mudou neste tempo, ensamblando a electrónica que tiña dando voltas na súa cabeza coas súas novas cancións e, de forma moi natural a presenza de cada elemento cambiou e a forma de transmitilo tamén.

"Dance and Hunt" está composto e producido por Soledad Vélez, entre Galicia e Valencia, nun proceso no que a artista descubriu novas aristas. "Dance and Hunt" trata sobre as sensacións, sobre o move[…]

#110 Soledad Vélez Venres 1/9/2017 22:00
+ Triunvirato DJs
8€ Entradas
Anterior Siguiente