#65
GOLD & COLT
Venres 19/5/2017 21:00

Riquela Club presenta en concerto gratuíto o venres 19 de miyo a un referente do folk americano en Galicia, Gold & Colt. Nos directos de Gold & Colt, que nos trasladan á outra beira do Atlántico, pódese aprezar o seu bo gusto polo son acústico, no que non faltan instrumentos típicos da cultura americana como o dobro, o banjo ou a cigarbox-guitar. Gold & Colt foi formado en 2014 por Dany Moure (1000 Demonios Blues Bans), Roberto Fernández (Tractor Troy), Juyma Estevez (David Regueiro Swingtet, Juyma Estevez Jazz Trío) e Michi Castro co único propósito de interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o Blues. A partir das súas primeiras actaucións nas que combinaban temas propios con composicións dos máis grandes deste estilo (Robert Johnson, R.L.Burnside, J.J. Cale, John Lee Hooker, etc.), Gold & Colt foi evolucionando e crecendo mentres crea o seu propio repertorio e afianza o seu estilo, o American Folk. Durante 2016, recibindo sempre moi boas críticas por parte do público e profesionais do sector, teñen ofrecico máis de coarenta concertos en boa parte das salas e os festivais máis importantes de Galicia (Sala Karma, Sala Aturuxo, Sala Son, Son Rías Baixas, Surfing The Lerez Festival, Ribeiro Wine Festival, etc.) e 2017 comezou xa coa gravación en directo do seu segundo longa duración nos estudos A Lagharteira.

https://goldandcolt.bandcamp.com/releases https://www.facebook.com/GOLD-COLT-574821429283919/
#65 GOLD & COLT Venres 19/5/2017 21:00
Entrada de balde
Comparte! Entrada gratuita ata completar aforo | Apertura de portas 20.00h
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente