#21
FELIPE VILLAR ORGAN TRIO
Domingo 4/12/2016 20:30

Felipe Villar Organ Trío é a nova formación do guitarrista vigués ao carón do organista Alex Salgueiro e do baterista Max Gómez. O trío de órgano, guitarra e bateria é un clásico na historia do jazz e, nos seus inicios, este trío explorará arranxos de dúas das súas grandes influencias, os tríos de Wes Montgomery e de Peter Bernstein, ademais de revisar composicións xa incluidas nos dous primeiros discos do Felipe Villar Trío. O guitarrista Felipe Villar (Vigo, 1976) é un dos músicos habituais da escena do jazz galego dos últimos anos. Na súa discografía como líder figuran dúas gravacións a trío: Home (2014) e Outro (2015). Ambos os discos recibiron moi boas críticas de prestixiosas publicacións como Zona de Jazz ou All About Jazz. O seu primeiro disco Home xa supuxo ao Felipe Villar Trío unha nominación como mellor grupo de jazz nos II Premios Martín Códax da Música. Felipe Villar tamén ten tocado e gravado con bandas como Alberto Vilas Quinteto, Rúa da Alegría, Fernando Sánchez Quartet, Esmae Big Band, Javier Marcos Trío, Antonio Otero Quartet, The Groove Project, Ten Jazz Men, etc., e ten actuado nalgúns dos principais festivais e locais de jazz de Galicia, España e Portugal: Festival de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Lugo, Nigranjazz, ImaxinaSons, Casa da Música (Oporto), Café el Despertar, Sunset Jazz Club, Xancarajazz, Jazz Filloa, Clavicembalo, Dado Dadá, etc.

FELIPE VILLAR ORGAN TRIO
FELIPE VILLAR guitarra
ALEX SALGUEIRO órgano Hammond
MAX GÓMEZ batería

RIQUELA, recentemente inaugurado (9 de setembro de 2016), está situado no casco vello de Santiago de Compostela, en concreto nonúmero 35 da rúa do Preguntoiro, un espazo que se abre á céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo e que esa dividido en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: Riquela Bar e Riquela Club. RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico aberto dende as 11.30 da mañá ata a 1.00 da madrugada cunha suxerente oferta de carta de comidas e bebidas. RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar da música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. A vocación de RIQUELA CLUB de converterse nunha nova referencia cultural para Compostela, cunha programación propia e confeccionada en colaboración con outros axentes culturais, festivais e promotoras de concertos, xa dou os seus primeiros exitosos pasos. Prestixiosos festivais como Outono Códax Festival, Wos Festival ou o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito xa escolleron o Riquela Club como espazo colaborador para as súas programacións.

Xa nas primeiras semanas de actividade, con dous concertos do compostelán Valentín Caamaño Trío, RIQUELA CLUB amosou o seu interese polo jazz como unha das liñas de programación que haberían de definir a súa oferta cultural. Esta intención se materializa agora neste ciclo RIQUELA 3&3 JAZZ, un certame que xurde froito da colaboración dunha destilería tamén santiaguesa, LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, e que nace vinculado en concreto á súa marca 3&3 PREMIUM GIN.

RIQUELA 3&3 JAZZ supón toda unha declaración de intencións de dúas iniciativas compostelás, do novo RIQUELA CLUB e de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS, na que é unha firme aposta polo jazz feito en Galicia. RIQUELA 3&3 JAZZ nace en forma dun ciclo de catro concertos que se desenvolverá durante os meses de novembro e decembro, unha primeira entrega que nace con vontade de converterse nun ciclo estable durante o próximo 2017 co respaldo dunha marca galega de calidade como a 3&3 PREMIUM GIN. Os protagonistas destes primeiros catro concertos, que se celebrarán 2 mércores e 2 domingos son Xacobe Martínez Antelo Trío (mércores 9 novembro), Andrés Rivas Jazz Trío (domingo 20 novembro), Felipe Villar Organ Trío (domingo 4 decembro) e, para rematar, o sexteto FUZZ que lidera o guitarrista Virxilio da Silva (mércores 14 decembro).

As localidades para estes concertos están á venda no RIQUELA a o ecónomico prezo de 6 euros (abono para os 4 concertos de 18 euros), e inclúen unha degustación de 3&3 PREMIUM GIN ou doutro producto de LA DESTILERÍA DE LAS IDEAS.

http://www.felipevillar.es
#21 FELIPE VILLAR ORGAN TRIO Domingo 4/12/2016 20:30
6€/18€
(+ gastos)
Puntos de venda:
Riquela
Comparte! Entrada concerto: 6€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída) abono 4 concertos: 18€ (consumición gintonic 3&3 ou La Destileria de las Ideas incluída por concerto). Apertura portas 19.30h Logos
#252
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “To[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00
SOUL
Entrada gratuita
#251
Próximamente

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda gal[…]

#251 DJ Sets Próximamente
Entrada gratuita
#250
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector<[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00
UK
18€ / 16€ anticipada Entradas
#249
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00
MAD
15€ / 12€ anticipada Entradas
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
Anterior Siguiente