#53
CAPTAINS + LA BANDE - PRIMOS HERMANOS
Sábado 1/4/2017 21:30

Un ano máis, Desconcierto Cultural continúa coa súa misión autoimposta de achegar ás comunidades veciñas de Asturias e Galicia a base de propostas musicais. A 4ª edición galega do festival PRIMOS HERMANOS o sábado 1 de abril terá como sedes, ademais do Riquela Club, a Casa das Crechas (sede do concertos de Pauline en la Playa, o grupo das irmás Álvarez que visita Galicia por primeira vez, e San Jerónimo) e o Embora Bar (sesión sidrina á hora do aperitivo amenizada por Catete Rococó). RIQUELA CLUB acollerá, para rematar a xornada o concerto de CAPTAINS.

CAPTAINS é a nova criatura de Fee Reega, asturiana de corazón e xermana de nacemento… (ou será á inversa?). Animal escénico e forza da natureza, Fee Reega paríu, xunto a David Baldo, Oskar SD e Aaron Dall, unha catártica proposta de dark-pop sinuoso e sensual, que fai equilibrios co spoken word, a electrónica e o post-punk. O seu directo furioso, atmosférico por momentos, bailable noutros, contén a promesa dun gran disco que está a piques de ver a luz. Unha revelación.

Partindo de fórmulas da música tradicional hispana como a jota, a rumba ou a muiñeira, LA BANDE consegue pezas pop de exquisito sabor fronteirizo. Percíbese a Calexico, en parte grazas a uns ventos dos que non prescinden no directo, ou ao primeiro Nacho Vegas; asoma tamén Dylan nunha colaxe da que facilmente poderían formar parte Fleet Foxes ou Leonard Cohen. Os textos enriquecen as cancións que forman Un cadáver exquisito, o seu segundo traballo discográfico, con narracións propias da novela negra; esta vea literaria ven marcada pola militancia dun dos seus membros no colectivo poético Patarrealismo Salvaxe.

http://www.primoshermanos.com Cartel del concierto
#53 CAPTAINS + LA BANDE - PRIMOS HERMANOS Sábado 1/4/2017 21:30
8€ Entradas
¡Comparte! Primos Hermanos | Desconcierto Cultural | Apertura de portas 21.00h
#101
Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

KAMANKOLA guitarra / voz

A música de Kamankola, artista cubano que mestura o rap coa canción, é unha fusión de xéneros tanto cubanos como de outros lugares do mundo que van dende a rumba ao jazz e do rock & roll ao guaguancó. Kamankola ten editado dous discos, Antes de que lo prohiban, para o programa Peligrosamente Juntos de Radio3 (RNE) un dos discos do ano, e o máis recente Hasta precisar el aire. Kamankola ten compartido escenario con innumerables artistas internacionais como Joaq[…]

#101 KAMANKOLA Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#102
Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

NOE BLACK voz / ukelele
JAVI BERMEJO guitarra / kazoo
CURRO MARCOS percusión

Noe Black & The Bang Band reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock & roll americano dos anos 50 e conseguen sorprender dando unha volta de porca máis que interesante a un repertorio que boa parte dos afeccionados xa coñecen: Chuck Berry, Jerry Lee Lewis, Elvis Presley, Del Shannon, Paul Anka, etc. Formado pola vocalista Noe Black, o guitarrista Javi Bermejo e o percusionista Curro Marcos, […]

#102 NOE BLACK & THE BANG BAND Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#103
Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MIGUEL FLORES guitarra

Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos má[…]

#103 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#80
Mércores 5/7/2017 22:30

Dende a súa creación en Santiago de Compostela en 2012, Paulo Silva Trío ven desenvolvendo un activo traballo que neste 2017 concretouse discograficamente no álbum titulado Mãe (Freecode Jazz Records) que agora presentan en Riquela Club o mércores 5 de xullo. O repertorio de Paulo Silva Trío caracterízase basicamente por relecturas de clásicos do jazz norteamericano como Isfahan (Duke Ellington), Birk Works (Dizzy Gillespie) ou Body and Soul (Johnny B. Green) xunto a temas, na mesma liña, de […]

#80 PAULO SILVA TRÍO Mércores 5/7/2017 22:30
6€
#81
Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha[…]

#81 GREEN WITH ENVY Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
#104
Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

FON BOTANA baixo / voz
TRILLI boom boom / percusión
ZAPA guitarra / voz
TOMÁS PORTEIRO guitarra rítmica
MANU GÓMEZ piano / voz
FUIGUI harmónica

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. […]

#104 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
Anterior Siguiente