#57
BOB STROGER
Xoves 20/4/2017 21:30

Bob Stroger, lenda do blues, visita Compostela para ofrecer un concerto único o xoves 20 de abril en Riquela Club. Nado en Hayti (Missouri) en 1930, Bob Stroger trasladouse coa súa familia sendo un adolescente a Chicago, onde vivía na parte traseira dun clube onde Howlin’ Wolf e Muddy Waters adoitaban tocar, e quedou fascinado para sempre polo blues. Este veterano baixista, compositor e cantante formou parte dalgunhas das máis míticas formacións da historia do blues (Otis Rush, Eddie King, Jimmy Rogers, Sunnyland Slim, Homesick James, Louisiana Red, Snooky Pryor, etc.) ata que no 2000 decide comezar a gravar como líder da súa propia banda. Bob Stroger é unha das escasas conexións que nos quedan coa época dourada do blues e todo un referente na historia da música afroamericana e, en particular, do blues. Bob Stroger foi galardoado en dúas ocasións, 2011 e 2013, nos Blues Music Award como mellor baixista de blues. Bob Stroger está acompañado neste único concerto en Galicia por Quique Gómez (harmónica), Luca Giordano (guitarra) e Guillaume Destarac (batería).

#57 BOB STROGER Xoves 20/4/2017 21:30
15€/13€ (anticipada)
(+ gastos)
Puntos de venda:
A Reixa Bar, Riquela, A Reixa Tenda, Duduá, Komic Libraría, Ticketea Entradas
Comparte! Apertura de portas 20.30h
#248
Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL

Formado en Valencia durante 2020, Santa Companha é un proxecto multidisciplinar que permite expresar un mundo interior a través do presente. Converxen diferentes pulsións e maneiras de crear, cultivando un espazo para mostrarnos de maneira conxunta. O grupo sostense nunha sensibilidade común que consegue remar cara a diferentes estilos, buscando que a música reflectir nosa realidade. Así, mediante pezas audiovisuais, escultura e música que abrazan un cambio constante, constrúese un camiño que[…]

#248 Santa Companha Venres 5/4/2024 21:00
+ AUTO SACRAMENTAL
12€ / 10€ anticipada Entradas
#247
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de toc[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00
SCQ
12€ / 10€ anticipada
#246
Venres 5/4/2024 21:00
+ SANTA COMPANHA

Auto Sacramental é o proxecto de Jorge Mills, con influencias que van do synth-pop ao postpunk e letras cargadas de ironía e sátira política. En 2019 Auto Sacramental debutou cun EP dixital producido por Guille Mostaza no que exploraba a mística da España negra a ritmo baile e que incluía o trallazo de synth-punk “Sierra Norte”, considerado por Jenesaispop un novo himno alternativo. En 2021 estreou o seu primeiro álbum —#Cuestión de fe— do que saíron varios singles, entre eles “Vigilia” (unha[…]

#246 Auto Sacramental Venres 5/4/2024 21:00
+ SANTA COMPANHA
12€ / 10€ anticipada Entradas
#245
Venres 19/4/2024 21:00
MAD

TULSA acaba de publicar o seu sétimo traballo de estudo, Amadora, e preséntanos xunto á súa banda, os temas que engranan esta obra conceptual e rica, sen deixar de lado as cancións que a levaron a colocarse como referencia do pop de autora nacional.

Sobre o novo traballo de Miren Iza:

Pódese ser maldita e pop? Amadora é unha resposta afirmativa
Ten faísca. E ten aromas surreales.
É un suceso profundamente orixinal dentro do indie.
Escapa á música de consumo ráp[…]

#245 Tulsa Venres 19/4/2024 21:00
MAD
20€ / 16€ anticipada Entradas
#244
Xoves 30/5/2024 21:00
FR

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, elementos que perviviron tanto na súa carreira en solitario coma nos seus proxectos Stereolab e Monade. Lonxe de estancarse, a artista francesa non deixou de traballar para conseguir unha voz propia, musical e politicamente (para ela, a música e a política van da man), ademais dun son q[…]

#244 Lætitia Sadier & The Source Ensemble Xoves 30/5/2024 21:00
FR
18€ / 15€ anticipada Entradas
#243
Xoves 14/3/2024 21:00
MEX

Multi-instrumentista, compositora, arreglista, produtora e cantante. Os seus proxectos e visión como produtora puxérona a traballar con grandes artistas de latinoamerica, ademais de producir tamén a súa propia música, converteuse nunha das artistas e produtoras con máis credibilidade na música latina.

O seu primeiro álbum “Nave Especial” inclúe os sinxelos “Cuando” e “Dártelo”, os cales foron sincronizados para varias películas e series de televisión. En 2020 lanzou os sinxelos “Dormir[…]

#243 Ruzzi Xoves 14/3/2024 21:00
MEX
12€ Entradas
Anterior Siguiente