#68
BIGOTT
Domingo 7/5/2017 20:30
(con banda)

Comezan os AREHUCAS LIVE MUSIC! en Riquela Club coa actuación de BIGOTT, un artista en pleno proceso de presentación do seu último traballo discográfico co que chega a Compostela acompañado pola súa banda ao completo o DOMINGO 7 DE MAIO. My Friends are Dead é o oitavo da vertixinosa carreira de inusitada avidez dunha rara avis do panorama musical español que construíu nunha década unha extensa, brillante e imprevisible discografía que sorprende a propios e extraños con cada novo golpe de timón. My Friends are Dead é unha pedra preciosa no que ningunha canción resulta accesoria; brillantes melodías de voz e coloridos riffs de guitarra camiñan pola sólida base que forman baixo e batería perfectamente conectados. Con My Friends are Dead, Bigott deixa constancia da súa natureza ecléctica, dotando a cada canción dunha esencia distinta e única, en ocasións sorprendente, pero sen perder nin un chisco da súa identidade.

BIGOTT é un proxecto creado por Borja Laudo, polifacético artista zaragozano, ex-comediante, cun don para facer cancións fermosas e orixinais. As súas composicións, que ás veces custa imaxinar que non procedan do máis profundo de Kentucky, chegaron a ser comparadas de igual a igual coas dalgúns grandes do género como Will Oldham ou Bill Callahan. Tras gañar en 2005 o concurso á mellor grupo de maquetas segundo MondoSonoro Aragón e o premio á mellor maqueta dos VII Premios de la Música Aragonesa, Borja Laudo, que xa tiña colaborado con diferentes bandas zaragozanas como Tachenko, Big City e La Costa Brava, protagonizou o seu debut discográfico en solitario como Bigott hai xa 10 anos con That Sentimental Sandwich. Bigott é unha banda volcada no directo e a carretera que ten viaxado por toda España e por medio mundo pisando escenarios de Canadá, Francia, Arxentina, Italia, Colombia, etc.

Os seus álbumes con maior repercusión son Fin (un repertorio acertadísimo de melodías frescas e emocionantes galardoado co premio ao mellor disco nacional de 2009 por medios como Muzikalia ou Mondo Sonoro), The Orinal Soundtrack (cuxo single Cannibal Dinner colocouno na cabeza da maior parte das listas do ano e co que acadou un notable ascenso da súa popularidade) e Pavement Tree, un álbum con aire romántico e obscuro moito máis introspectivo que os seus antecesores, que sinala outra nova faciana deste inclasificable e prolífico artista que foi producido polo americano Jeremy Jay e cuxo single Baby Lemonade se fixo co premio á mellor canción nos XVI Premios de la Música Aragonesa.

A variedade de estilos polos que a música de BIGOTT transita é unha constante ao longo de toda a súa discografía; trátase dun personaje difícil de clasificar, tanto na súa música como, aínda máis, na súa persoa. Pouco amigo dos convencionalismos e apaixonado, con aire de enfant terrible, enfróntase ás entrevistas e aos directos do mesmo xeito, que se podería resumir así: Bigott fai o que lle da a gana, e funciona.

https://bigottband.bandcamp.com/ https://www.facebook.com/bigottmusic/ Cartel del concierto
#68 BIGOTT Domingo 7/5/2017 20:30
(con banda)
15€ / 12€ (anticipada) Entradas
¡Comparte! Arehucas Live Music! | Presentación novo disco "My Friends are Dead" | Apertura de portas 19.30h Logos
#101
Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

KAMANKOLA guitarra / voz

A música de Kamankola, artista cubano que mestura o rap coa canción, é unha fusión de xéneros tanto cubanos como de outros lugares do mundo que van dende a rumba ao jazz e do rock & roll ao guaguancó. Kamankola ten editado dous discos, Antes de que lo prohiban, para o programa Peligrosamente Juntos de Radio3 (RNE) un dos discos do ano, e o máis recente Hasta precisar el aire. Kamankola ten compartido escenario con innumerables artistas internacionais como Joaq[…]

#101 KAMANKOLA Martes 27/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#102
Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo

NOE BLACK voz / ukelele
JAVI BERMEJO guitarra / kazoo
CURRO MARCOS percusión

Noe Black & The Bang Band reinterpreta algúns dos grandes éxitos do rock & roll americano dos anos 50 e conseguen sorprender dando unha volta de porca máis que interesante a un repertorio que boa parte dos afeccionados xa coñecen: Chuck Berry, Jerry Lee Lewis, Elvis Presley, Del Shannon, Paul Anka, etc. Formado pola vocalista Noe Black, o guitarrista Javi Bermejo e o percusionista Curro Marcos, […]

#102 NOE BLACK & THE BANG BAND Venres 30/6/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#103
Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

MOISÉS FERNÁNDEZ cajón
RUBÉN FERNÁNDEZ cante
ISAÍAS SALAZAR baile
MIGUEL FLORES guitarra

Tacón Gitano é flamenco, o flamenco do pobo xitano, que expresa coma ninguén os seus sentimentos feitos música. Dende os palos máis tradicionais ata os máis modernos danse cita nun espectáculo fresco, natural, sen máis pretensión que a de ser un mesmo. Tacón Gitano conta coa colaboración da guitarra do gaditano Miguel Flores, sinónimo de bo gusto e un dos artistas flamencos má[…]

#103 TACÓN GITANO & MIGUEL FLORES Martes 4/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
#80
Mércores 5/7/2017 22:30

Dende a súa creación en Santiago de Compostela en 2012, Paulo Silva Trío ven desenvolvendo un activo traballo que neste 2017 concretouse discograficamente no álbum titulado Mãe (Freecode Jazz Records) que agora presentan en Riquela Club o mércores 5 de xullo. O repertorio de Paulo Silva Trío caracterízase basicamente por relecturas de clásicos do jazz norteamericano como Isfahan (Duke Ellington), Birk Works (Dizzy Gillespie) ou Body and Soul (Johnny B. Green) xunto a temas, na mesma liña, de […]

#80 PAULO SILVA TRÍO Mércores 5/7/2017 22:30
6€
#81
Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017

Riquela Club acollerá durante este mes de xullo, dentro da súa programación especial de verán, dúas sesións de jazz, o xoves 6 de xullo e o xoves 13 de xullo, protagonizadas polo guitarrista compostelán Valentín Caamaño e o seu trío Green With Envy.

GREEN WITH ENVY
VALENTÍN CAAMAÑO guitarra
ANDRÉS RIVAS batería
JUYMA ESTÉVEZ contrabaixo

"Valentín Caamaño amosa e demostra con sinxeleza e mestría, en oito pistas, que é capaz de traer o pasado ao presente nunha[…]

#81 GREEN WITH ENVY Xoves 6/7/2017 22:30
Pases: 6/7/2017, 13/7/2017
entrada gratuita
#104
Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo

FON BOTANA baixo / voz
TRILLI boom boom / percusión
ZAPA guitarra / voz
TOMÁS PORTEIRO guitarra rítmica
MANU GÓMEZ piano / voz
FUIGUI harmónica

Un concerto de The Fabulous Resaca Brothers é unha experiencia difícil de describir, ¡sobre todo porque nunca sabes por onde pueden tirar! Os seus membros son simpáticos músicos procedentes de lugares tan dispares como Boiro (Illinois), Santiago de Wisconsin ou Vigo, unha rexión apartada na zoa dos Cárpatos. […]

#104 THE FABULOUS RESACA BROTHERS Venres 7/7/2017 20:30
Seráns en Feixóo
acceso libre e gratuito
Anterior Siguiente