#111
Andy Chango
Xoves 21/9/2017 21:00

O polifacético artista arxentino ANDY CHANGO presenta en Riquela Club o próximo xoves 21 de setembro o seu primeiro espectáculo cómico unipersoal. Baixo o título EL HOMBRE NADA, Andy Chango deseñou unha serie de monólogos cercanos ao stand up, termo que, con bo humor, el detesta porque “discrimina aos lisiados e aos demais obríganos a estar de pé”. Nos seus soliloquios, eventualmente acompañado polo seu teclado electrónico, Andy Chango fainos rir e reflexionar sobre a relixión, o sexo, o amor, a vagancia, a policía, a paternidade, o rock, as drogas, o alcohol e outros temas de interese xeral filtrados ao través da súa experiencia e a súa disparatada e lúcida visión do patetismo humano.

ANDY CHANGO conta cunha ampla traxectoria como músico, cantante, compositor, con experiencia en televisión e radio e, agora, como escritor. Como músico e compositor ten publicado cinco discos, cos que xirou a ambas beiras do Atlántico, ademais de compoñer bandas sonoras para diferentes longametraxes. A súa faciana televisiva fórxase en 2001 a raíz dunha serie de entrevistas que provocaron unha inesperada popularidade no seu país. Comeza a colaborar en programas como “El Intermedio” en España e conságrase no seu país natal participando durante dúas tempadas no popular programa de televisión “Duro de Domar” cunha sección propia, “Chango Feroz”, por la que foi nominado aos importantes Premios Martín Fierro. No medio radiofónico comezou en Radio 3 RNE co programa “Andy y Amigos”, máis tarde na Radio Nacional Arxentina (“La espuma de las noches”) e, actualmente, no programa “Futuro Rock”. A Editorial Planeta ven de publicar o seu primeiro libro, Indianápolis.

https://www.facebook.com/andy.chango.OFICIAL/ https://twitter.com/changoandy?lang=es
#111 Andy Chango Xoves 21/9/2017 21:00
12€ / 9€ anticipada
(+ gastos)
Puntos de venda:
Ticketea, Riquela, A Reixa Tenda Entradas
Comparte! Presentación do seu primeiro show cómico unipersoal, El hombre nada | Apertura de portas 20.30h
#244
Xoves 30/5/2024 21:00
FR

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, elementos que perviviron tanto na súa carreira en solitario coma nos seus proxectos Stereolab e Monade. Lonxe de estancarse, a artista francesa non deixou de traballar para conseguir unha voz propia, musical e politicamente (para ela, a música e a política van da man), ademais dun son q[…]

#244 Lætitia Sadier & The Source Ensemble Xoves 30/5/2024 21:00
FR
18€ / 15€ anticipada Entradas
#243
Xoves 14/3/2024 21:00
MEX

Multi-instrumentista, compositora, arreglista, produtora e cantante. Os seus proxectos e visión como produtora puxérona a traballar con grandes artistas de latinoamerica, ademais de producir tamén a súa propia música, converteuse nunha das artistas e produtoras con máis credibilidade na música latina.

O seu primeiro álbum “Nave Especial” inclúe os sinxelos “Cuando” e “Dártelo”, os cales foron sincronizados para varias películas e series de televisión. En 2020 lanzou os sinxelos “Dormir[…]

#243 Ruzzi Xoves 14/3/2024 21:00
MEX
12€ Entradas
#242
Domingo 10/3/2024 20:00
David Perdomo

David Perdomo presenta Level Up, o seu show máis íntimo ata a data.

Facendo un repaso aos seus vinte anos de carreira e o paso de ser un veinteañero rebelde que está de moda a un corentón que perde o carro do progreso e a modernidade.

Level up achéganos á beira máis humano do cómico, profundando no seu lado máis persoal, fálanos dos seus taras, filias,fobias e a depresión pero tamén de cans, avións, as redes sociais ou o que xurda, todo iso
salpicado do particular estilo m[…]

#242 Level Up Domingo 10/3/2024 20:00
David Perdomo
12€ Entradas
#241
Xoves 9/5/2024 20:00
GAL

Santi Araújo é deses artistas que non forzan os tempos. Compón cando sente, escribe cancións para expresar o seu delicado mundo interior. Digamos que esta foi o seu aceno de identidade ata a data: obras que deixan un pouso especial, que calan profundamente no oínte.

Tras a publicación de ‘Suelta Ø Muerde’ (2022), un disco que Fernando Neira cualificou como «o mellor que nos pasou en non se sabe cantos meses», Santi Araújo está de regreso presentando o seu segundo disco "Canciones para […]

#241 Santi Araujo Xoves 9/5/2024 20:00
GAL
18€ / 15€ anticipada Entradas
#240
Sábado 6/7/2024 20:00
con Manu Chacón

"No disparen al cómico", o primeiro show unipersoal de Manu Chacón onde se reflexiona sobre o sentido da comedia a través unha experiancia interactiva usando a improvisación como fío condutor.
O personaxe do cómico existe desde tempos inmemoriais, representado en figuras como a do Chamán cuxo labor era escenificar o prohibido e provocar a catarse grupal para lograr a sanación e restauración do equilibrio espiritual da tribo. Miúda chapa acáboche de pegar.

O obxectivo deste espect[…]

#240 NO DISPARES AL CÓMICO Sábado 6/7/2024 20:00
con Manu Chacón
14€ Entradas
#239

FESTIVAL 7-8-9 MARZO

No Riquela o flamenco cobra vida: un festival de música que envolve con paixón, ritmo e a maxia da tradición flamenca os días 7, 8 e 9 de marzo de 2024

XOVES 7
Enrique Bermúdez Piculabe
El Pakete Suárez
Moisés Fernández

VENRES 8
La Tana
El Pakete Suárez
Moises Fernández

SÁBADO 9
David de Jacoba
Carlos de Jacoba
Moisés Fernández

#239 FLAMENCO RIQUELA CLUB
FESTIVAL 7-8-9 MARZO
20€ diaria / 40€ abono Entradas
Anterior Siguiente