#245
Tulsa
Venres 19/4/2024 21:00
MAD

TULSA acaba de publicar o seu sétimo traballo de estudo, Amadora, e preséntanos xunto á súa banda, os temas que engranan esta obra conceptual e rica, sen deixar de lado as cancións que a levaron a colocarse como referencia do pop de autora nacional.

Sobre o novo traballo de Miren Iza:

Pódese ser maldita e pop? Amadora é unha resposta afirmativa
Ten faísca. E ten aromas surreales.
É un suceso profundamente orixinal dentro do indie.
Escapa á música de consumo rápido con composicións que fan pensar na literatura […]

#245 Tulsa Venres 19/4/2024 21:00 | MAD
20€ / 16€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#250
NUBIYAN TWIST
Domingo 28/4/2024 21:00
UK

Unha mestura de músicos virtuosos, produtores expertos e compositores inspirados unen as súas forzas para crear un son único e contaxioso inspirado no jazz, o hip-hop, o afrobeat, o dancehall, o soul, o reggae e a música de baile.

"Unha fermosa mestura de groovy dub con ventos e voces conmovedoras" The Guardian.

"Unha mestura fluída de jazz, soul, hip hop e estilos diaspóricos". Mollo

"Un caldeiro de enerxía que burbujea con inventiva. Algo estimulante". Record Collector

"O tipo de disco que debería soar nun festi[…]

#250 NUBIYAN TWIST Domingo 28/4/2024 21:00 | UK
18€ / 16€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#247
MAD MARTIN TRÍO
Venres 26/4/2024 21:00
SCQ

“High Energy Rockabilly”
Debutaron no 2014 con “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. No 2018 publican “Tornado” unhas 10 polgadas producido por Mike Mariconda e que saíu co selo Molusco Discos. "Eileen", incluído en “Time To Go Mad” escollido entre os 100 favoritos do ano no Soto de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel dese ano. Desde entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española, d[…]

#247 MAD MARTIN TRÍO Venres 26/4/2024 21:00 | SCQ
12€ / 10€ anticipada (+ gastos)
Á venda en A Reixa Tenda e Riquela Club
#251
DJ Sets
Residentes: Maefield, Mok Groove

MAEFIELD
https://www.instagram.com/maefield.gal

Maefield, dj e productor galego, imprime unha personalidade única á pista de baile. Navegando entre influencias do disco, o techno, o synthwave, os sons afro e latinos ou o UK Garage, os seus sets están cargados de enerxía e sons insospeitados sempre dende o fío común do house. Visita diversas salas galegas habitualmente: Riquela, Fábrica de Chocolate, Karma, La Luisa ou Cofradía Cultural entre outras.
Forma parte da banda galega de música electrónica Xackal e ten varios EPs […]

#251 DJ Sets PROXIMAMENTE
Entrada de balde
#238
Freedonia
Sábado 20/4/2024 21:00
Cheap Love Tour

Freedonia regresan cun novo e moi agardado single, Cheap Love, unha canción que pon o foco nas relacións humanas e a novas forma de entender o amor, as relacións afectivas e sexuais coma se as persoas fosen un produto que forma parte dun catálogo infinito nunha web.

Este single forma parte do novo proxecto de Freedonia que se estenderá nos próximos meses e que irá desvelando novos singles e impactantes sorpresas no transcurso da súa nova xira.

A portada e o cartel da xira son deseños de Laura C. Astruc e tanto esta canción, c[…]

#238 Freedonia Sábado 20/4/2024 21:00 | Cheap Love Tour
24€ / 20€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#252
Combo Paradiso
Venres 3/5/2024 21:00
SOUL

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”
En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco. Este foi o seu primeiro traballo con cancións propias para este proxecto presentando xa o grupo co seu novo nome Combo Paradiso. En maio de 2024 a banda lanzará da man de Calaverita Records “Todo Bien Todo el Rato” o seu segundo traballo grava[…]

#252 Combo Paradiso Venres 3/5/2024 21:00 | SOUL
Entrada de balde
#241
Santi Araujo
Xoves 9/5/2024 20:00
GAL

Santi Araújo é deses artistas que non forzan os tempos. Compón cando sente, escribe cancións para expresar o seu delicado mundo interior. Digamos que esta foi o seu aceno de identidade ata a data: obras que deixan un pouso especial, que calan profundamente no oínte.

Tras a publicación de ‘Suelta Ø Muerde’ (2022), un disco que Fernando Neira cualificou como «o mellor que nos pasou en non se sabe cantos meses», Santi Araújo está de regreso presentando o seu segundo disco "Canciones para bailar".

#241 Santi Araujo Xoves 9/5/2024 20:00 | GAL
18€ / 15€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#244
Lætitia Sadier & The Source Ensemble
Xoves 30/5/2024 21:00
FR

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, elementos que perviviron tanto na súa carreira en solitario coma nos seus proxectos Stereolab e Monade. Lonxe de estancarse, a artista francesa non deixou de traballar para conseguir unha voz propia, musical e politicamente (para ela, a música e a política van da man), ademais dun son que lle pertenza, co que se identifique ao cento po[…]

#244 Lætitia Sadier & The Source Ensemble Xoves 30/5/2024 21:00 | FR
18€ / 15€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#240
NO DISPARES AL CÓMICO
Sábado 6/7/2024 20:00
con Manu Chacón

"No disparen al cómico", o primeiro show unipersoal de Manu Chacón onde se reflexiona sobre o sentido da comedia a través unha experiancia interactiva usando a improvisación como fío condutor.
O personaxe do cómico existe desde tempos inmemoriais, representado en figuras como a do Chamán cuxo labor era escenificar o prohibido e provocar a catarse grupal para lograr a sanación e restauración do equilibrio espiritual da tribo. Miúda chapa acáboche de pegar.

O obxectivo deste espectáculo é compartir co público diferentes historias,[…]

#240 NO DISPARES AL CÓMICO Sábado 6/7/2024 20:00 | con Manu Chacón
14€ (+ gastos)
Á venda en
Entradas
#249
Grex
Xoves 23/5/2024 21:00
MAD

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis de 6 millóns de reproducións e consolidando o seu […]

#249 Grex Xoves 23/5/2024 21:00 | MAD
15€ / 12€ anticipada (+ gastos)
Á venda en
Entradas
Anterior Siguiente
You can't talk to a man With a shotgun in his hand Carole King
Comida, música, tragos e máis…

RIQUELA (música, comida, bebidas…) divídese en dúas zonas diferenciadas tanto en horarios como en contidos: RIQUELA BAR e RIQUELA CLUB.

RIQUELA CLUB é a esencia cultural do espazo, unha sala con capacidade para máis de 200 persoas onde gozar de música en vivo e unha gran variedade de espectáculos. RIQUELA CLUB é ao mesmo tempo unha sala versátil e flexible, preparada tamén para acoller concertos e eventos nun entorno máis íntimo.

A nosa ampla carta de bebidas foi deseñada en consonancia co espírito dun local no que gozar do directo musical. Nun espazo coidado e con personalidade, en RIQUELA CLUB poderás atopar unha programación estable, variada e de calidade con concertos, ciclos, festivais, residencias de artistas e propostas singulares de rock, soul, jazz, blues e outros xéneros musicais.

Reservas

RIQUELA BAR é un espazo acolledor e dinámico cunha suxestiva oferta na carta de comidas e bebidas. O complemento perfecto de RIQUELA BAR é a súa terraza exterior na céntrica, fermosa e escenográfica praza compostelá de Feixoo.

Horarios:
Luns: pechado
Martes: 10:00 - 23:30
Mércores: 10:00 - 23:30
Xoves: 10:00 - 00:00
Venres: 10:00 - 00:30
Sábado: 10:00 - 00:30
Domingo: 10:00 - 23:30

Carta de comidas Carta de bebidas

Podes disfrutar

da carta na nosa terraza

Comidas
Tragos
Buchanan's Deluxe
9,00 €
Laphroaig Quarter Cask
10,00 €
Macallan Amber
10,00 €
The Glenrothes
10,00 €
Connemara
10,00 €
Highland Park
10,00 €
Glenfiddich 15
10,00 €
Talisker 10
10,00 €
Jura Superstition
10,00 €
Balblair
11,00 €
Lagavulin 16
12,00 €
Hibiki
14,00 €
The Hakushu
14,00 €
Glenfiddich 18
14,00 €
The Yamazaki
20,00 €